austrasia - wikipedia.org |
Félix e Secundinus,
cónsules.
Trasamundo (tamén inimigo de Teodorico)
apoia a Xesaleico economicamente para
que reemprenda a súa campaña en Hispania
pero este é traizoado e abandonado polos seus partidarios en Barcino cando ía ser atacado polos
ostrogodos ao mando de Ibbas. Tenta
fuxir cara os burgundos pero é capturado e morto.
revoltas e enfrontamentos nas rúas de Antioquía entre
partidarios do patriarca Flaviano II
e o emperador Anastasius,
monofisita.
agosto, 7: o emperador destitúe a Makedonios II como patriarca de Constantinopla e substitúeo por Thimotheos I, monofisita. Isto provoca tamén
revoltas na capital, onde a residencia do prefecto do pretorio Marinos de Apamea é saqueada.
concilio en Orleáns convocado por Clodoveo ao que acoden bispos de toda Gallia. Regúlase o credo e a organización da igrexa no ámbito
franco logo das novas anexións. Estréitanse vínculos entre monarquía e igrexa; o
rei terá gran influencia á hora de nomear bispos.
o termo Gallia
vai quedando en desuso: chaman Neustria
(terra nova) aos últimos territorios conquistados, mentres os antigos
denominaranse Austrasia (terra do
leste). En Neustria distínguese a
parte norte, propiamente franca, da parte sur, a que fora goda, onde os
costumes romanos estaban moito máis enraizados. Esta parte conservou o nome
romano de Aquitania.
Neustria e o norte de Austrasia
seguirían dominadas polos francos salios, que adoptaron o latín como lingua, o
mesmo que os burgundos; pola contra, alamanos e ripuarios conservaron a lingua
xermánica.
Clodoveo reforza a súa posición coa axuda de Anastasius,
que lle concede títulos oficiais romanos. En realidade, Constantinopla pretende
contrarrestar a influencia de Teodorico. Clodoveo é católico inda que sexa
ambicioso, traizoeiro, bárbaro, despótico e belicoso; Teodorico é ariano inda
que leal, ilustrado e bo gobernante.
novembro, 11: morre Clodoveo (46). Divide os territorios
entre os fillos seguindo o uso xermánico: Theuderico,
primoxénito pero bastardo, reina en Remensis
(Reims) e Metensis (Metz), onde
habitan ripuarios e alamanos; Chlodomiro
en Aurelianum (Orleáns), a parte
central de Neustria; Childeberto en Parisiensis, a parte sur de Neustria;
e Clotario Noviodunum (Soissons).
o reino burgundio segue en mans de Gundobado.
os reis apóianse nas cidades para recadar impostos,
recrutar exércitos e manter a lei e o orde. O imposto sobre as terras faise cada
vez menos relevante, como noutros reinos xermánicos. O representante real é o comes civitatis, que colabora co bispo.
As cidades conservan a súa importancia e o rei mantén contacto viaxando e
visitando permanentemente as diversas rexións que controla de xeito itinerante.
Tamén van xurdindo residencias reais pouco a pouco. Polo tanto, non hai unha
capital como tal.
Teodorico pon en circulación uns novos tremises de ouro de excelente peso e
calidade para o pago do tributo dos visigodos, pronto imitados por burgundos e
francos.
Amalarico reina baixo a rexencia de Teodorico; casa coa filla de
Clodoveo.
en Arelate Cesarius funda as primeiras comunidades
relixiosas femininas de occidente.
un monde chamado Euxipio escribe dunha comunidade no Monte Titano. Outro monxe que
vive alí xa o denomina ‘San Marino’. É a primeira evidencia histórica da
existencia da república.
Ningún comentario:
Publicar un comentario