arameo - nabateo - arábigo - siriaco - latino en.wikipedia.org |
Paulus e Moschianus, cónsules.
os godos recuperan Rouerge en Gallia.
maio, 23: un tremor de terra entre Yuanping e Dai, na provincia Shanxi en
China, deixa 5310 mortos e 2722 feridos, segundo o Weishu.
Oeric, da liñaxe dos Oiscingas, morre. Sucédeo o seu fillo Ohta como rei de Kent.
setembro, 24: dedicación dun martirio a Serxio, en Zabad, sureste
de Alepo, Siria. Ao lado dunha inscrición en grego e siriaco hai un grafito con
caracteres arábigos. É probablemente a inscrición máis antiga nesta lingua,
xunto coas de Jabal Usay (528-9) e Harran (568).
o dioskurides vienés faise para a
aristócrata Anicia Iuliana.
grupos de hérulos, derrotados polos lombardos, pretenden retornar a
Escandinavia, segundo Procopio, e
parten dende o curso medio do Danubio cara o Elba. Algún continxente acóllese á
protección imperial en Illyricum.
Anastasius completa a construción
dun terceiro recinto amurallado en torno a Constantinopla, o ‘muro longo’ de Thracia, a 64 kms. da capital.
Teodorico publica edictum theodorici, que afecta a romanos
e godos.
erupción do Vesubio. Os afectados son eximidos de pagar impostos durante
certo tempo por parte de Teodorico.
novembro, 6: prodúcese unha revolta relixiosa causada polas inclinacións
monofisitas do emperaroder en Constantinopla e a plebe elixe augustus a Aerobindus (bisneto de Aspar
e casado cunha bisneta de Teodosio II),
pero Aerobindus mantense fiel a Anastasius que se refuxia en Blanquernas ata
que se apaciguan os ánimos coas promesas imperiais (novembro, 8).
novembro, 16: Anastasius segue a promover o monofisismo e intervén en
Antioquía. Co apoio do teólogo Philoxenos
de Mabbug depón a Flavius II e
substitúeo por Severus de Sozopolis.
o reino insular de Usan-guk é
conquistado pola dinastía Silla (Korea) baixo o xeneral Kim Isabu.
o xefe do clan imperial xaponés Otomo no Kanamura acepta a adquisición de
catro provincias polo poderoso reino de Baekje, ao sur de Korea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario