Amosando publicacións coa etiqueta Sixismundo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sixismundo. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de outubro de 2013

517

localización do paso das Termópilas
www.unizar.es/hant/atlas/termopilas.html
Agapitus e Paulus, cónsules.

os búlgaros chegan nas súas incursión ata as Termópilas.

Sixismundo busca acercarse a Constantinopla pero provoca deste xeito a desconfianza de Teodorico. Tamén se rebela o seu propio fillo Sixerico. Sixismundo ordenará estrangúlalo. Arrepentido, fará penitencia no mosteiro de Mauricio.

Yusuf As’ar Yath’ar, rei dos himjaritas en Iemen.

Sixismundo tamén busca aliarse cos francos co casamento dunha filla co rei franco Theuderico I.

Sixismundo perdoa o delito dunha viúva, Aunexilda, novamente prometida a un tal Fredexisclo, co visto bo de seus pais e o seu propio. Agora ben, “acendida nun abrasador desexo (libido), quebrantou a fidelidade prometida á asemblea, e correu a levar a Baltamond non tanto os seus desexos canto a súa ofensa”. Tería merecido a morte se a graza real, que se concedía pola festa de pascua, non a tivera salvado.

febreiro, 15: Hormisdas menciona nunha carta a Avitus de Vienne, que os bispos de Dardania e Illyricum piden a súa volta á xurisdición occidental.

Thimotheos IV, patriarca de Alexandría.

Wu di, emperador da dinastía Liang, profesa o budismo e introduce a doutrina na China central. Esixe que os sacrificios feitos aos antepasados imperiais se muden e sexan a base de carne desecada, en lugar dos animais tradicionais (carneiros, porcos e vacas).

abril, 2: Hormisdas dirixe unha dura carta ao clero hispano, anoxado polos informes que lle chegan de Hispania. Recomendaba coidado cos bispos que elixían, que o fixeran na persoa de homes de carácter forte. Non debían elixir leigos nin consagrados. Non se debe ofrecer ou aceptar cartos por un bispado: a decisión do pobo e o clero dará fe do xuízo de Deus. Concede tamén permiso para reunirse en concilio só unha vez por ano, en vez das dúas establecidas. Envía o vicario Salustio a Betica e Lusitania coa misión de vixiar o cumprimento dos decretos conciliares, mediar nas disputas e convocar sínodos en caso necesario. Posteriormente escribirá unha carta mostrando ledicia pola resolución das diferenzas por medio de Salustio.

concilio provincial en Girona.

setembro, 6: concilio de Epaona: os bispos do sur de Gallia reúnense en territorio burgundo por iniciativa de Avitus de Vienne. O sínodo promove a primeira lexislación contra os altares de madeira, prohibindo erixir ningún a non ser que sexan de pedra e con crisma (unha mestura de aceite e especias).

516

mosteiro adicado a Mauricio
fundado por Sixismundo
Petrus, cónsul único.

morre Gundobado, rei burgundo e antigo magister militum praesentalis, e o seu fillo Sixismundo, é o rei único. É xenro de Teodorico e católico. Anastasius noméao patricius.

a rotura do dique de Fushan causa máis de 10000 mortos. A obra fora construída polos Liang para deter a invasión dos Wei do norte.

abril, 30 (ata maio, 15) Sixismundo convoca un concilio en no mosteiro recén fundado. Institúese a laus perennis, a salmodia perpetua. Avitus de Vienne pronuncia un discurso contra o arianismo.

novembro, 6: concilio en Tarraco. Participa Nebridio de Egara.

venres, 19 de xullo de 2013

497

localización xeográfica de Isauria
es.wikipedia.org
Anastasius, cónsul único.

Anastasius recoñece a Teodorico coma rei de Italia e envía de volta as vestis regia a Ravenna.

Xoán o Escita pacifica Isauria, eliminando a resistencia nativa baseada na inaccesibilidade das súas fortalezas nas montañas. Os líderes, entre eles Longinus, irmán de Zenón, e Atenodorus, son executados e as súas cabezas expostas en Constantinopla.

remátase a redacción de Siddantha, libro sagrado do xainismo.

Sixismundo, fillo de Gundobado, permite, contra o desexo de seu pai, que Avitus de Vienne o bautice na ortodoxia, abandonando así a súa fe ariana.

Aryabhata, astrónomo e matemático hindú, calcula catro decimais do “número pi” (3.1416).

a Ilíada ambrosiana, un manuscrito iluminado, en vellum, da Ilíada de Homero é composto en Constantinopla.

mércores, 9 de marzo de 2011

501

ruínas de Palenque
www.viajejet.com
Avienus e Pompeius, cónsules.

Simmacus é acusado de varios delictos, co que a súa posición en relación a Laurentius se debilita; contrarresta as acusacións co argumento de que o papa non é responsable diante da xustiza terrena. Apoíase en documentos falsos.

cando se retira Clodoveo, Gundobado rompe o acordo e sitia a Godexiselo en Vienne e mátao nunha igrexa ariana, xunto co bispo. Agora é rei único burgundo. Elixirá a Sixismundo, fillo seu, como correxente en Xenebra.

Gundobado publica un código de leis (lex gundobada).

Domangart Réti sucede a Fergus Mór como soberano de Dalriada á súa morte durante combates contra os pictos.

Khavad I está firmemente asentado no trono; proba da recuperación do Imperio Persa é o inicio de novas hostilidades contra os romanos.

Dong Hun Hou morre dunrante un asedio á capital Jiankang. Sucédeo seu irmán Qi He Di, que é o novo emperador do sur de  Qi (China).

Muryeong, rei de Baekie (Korea): durante o seu goberno aliarase con Silla e aumentará as relacións con China e Xapón.

os maias están alcanzando novas cotas de prosperidade. Teotihuacan comeza o seu declive e a poboación comeza a migrar á maior cidade maia, Tikal, levando con eles novas ideas sobre armamento e cerimonias rituais.

maio: con ocasión das festas pagás das brytae enfróntanse os azuis e os verdes. Morren máis de 3000 persoas.

xuño, 5: Ahkal Mo' Nahb I, soberano de Palenque. O primeiro do que coñecemos datas exactas de vida e goberno.

o Sushruta Samhita, en India, contén descricións de cirurxía, enfermidades, plantas curativas e un estudo anatómico detallado.

Xuan Wu Di, emperador do norte, "requisa" 50000 para reconstruír a capital Luoyang.