localización do paso das Termópilas www.unizar.es/hant/atlas/termopilas.html |
Agapitus e Paulus, cónsules.
os búlgaros chegan nas súas incursión ata as Termópilas.
Sixismundo busca acercarse a
Constantinopla pero provoca deste xeito a desconfianza de Teodorico. Tamén se rebela o seu propio fillo Sixerico. Sixismundo ordenará estrangúlalo. Arrepentido, fará
penitencia no mosteiro de Mauricio.
Yusuf As’ar Yath’ar, rei dos himjaritas en Iemen.
Sixismundo tamén busca aliarse cos francos co casamento dunha filla co rei
franco Theuderico I.
Sixismundo perdoa o delito dunha viúva, Aunexilda, novamente prometida a un tal Fredexisclo, co visto bo de seus pais e o seu propio. Agora ben, “acendida nun abrasador desexo (libido),
quebrantou a fidelidade prometida á asemblea, e correu a levar a Baltamond non tanto os seus desexos
canto a súa ofensa”. Tería merecido a morte se a graza real, que se concedía
pola festa de pascua, non a tivera salvado.
febreiro, 15: Hormisdas
menciona nunha carta a Avitus de Vienne,
que os bispos de Dardania e Illyricum piden a súa volta á xurisdición
occidental.
Thimotheos IV, patriarca de Alexandría.
Wu di, emperador da dinastía Liang, profesa o budismo e
introduce a doutrina na China central. Esixe que os sacrificios feitos aos
antepasados imperiais se muden e sexan a base de carne desecada, en lugar dos
animais tradicionais (carneiros, porcos e vacas).
abril, 2: Hormisdas dirixe unha dura carta ao clero
hispano, anoxado polos informes que lle chegan de Hispania. Recomendaba coidado
cos bispos que elixían, que o fixeran na persoa de homes de carácter forte. Non
debían elixir leigos nin consagrados. Non se debe ofrecer ou aceptar cartos por
un bispado: a decisión do pobo e o clero dará fe do xuízo de Deus. Concede tamén
permiso para reunirse en concilio só unha vez por ano, en vez das dúas
establecidas. Envía o vicario Salustio
a Betica e Lusitania coa misión de vixiar o cumprimento dos decretos
conciliares, mediar nas disputas e convocar sínodos en caso necesario. Posteriormente
escribirá unha carta mostrando ledicia pola resolución das diferenzas por medio
de Salustio.
concilio provincial en Girona.
setembro, 6: concilio de Epaona: os bispos do sur de Gallia reúnense en territorio burgundo
por iniciativa de Avitus de Vienne. O sínodo promove a primeira lexislación
contra os altares de madeira, prohibindo erixir ningún a non ser que sexan de
pedra e con crisma (unha mestura de aceite e especias).
Ningún comentario:
Publicar un comentario