Amosando publicacións coa etiqueta Childerico II. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Childerico II. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de decembro de 2014

675

libro de Durrow
en.wikipedia.org
xaneiro, 5: en Xapón constrúen unha plataforma para que os astrólogos observen as estrelas.

marzo, 16: o emperador Tenmu decreta o final da servidume; tamén decreta que non se cedan máis terras a nobres, ministros ou templos.

abril, 1: Hlothhere de Kent restablece a súa soberanía sobre Londinium.

Tenmu decreta o exilio para varios ministros que se opoñen ás súas medidas.

Wamba rexeita un ataque musulmán en Alxeciras.

Aethelred sucede a seu irmán Wulfhere como rei de Mercia.

Konstantinos I, patriarca de Constantinopla.

outono: morre asasinado Childerico II xunto coa súa muller Bilichild e o seu fillo Dagoberto (5 anos) mentres está a corte de cacería nun bosque ao oeste de París. Os nobres rebeldes autores do magnicidio teñen que fuxir a Austrasia.

III concilio de Bracara, presidido por Leodexisius, no que se promulgaron oito decretos, todos eles demandando máis simplicidade e maior respecto cara a relixión, tanto por parte dos fieis como do propio clero.

entre os principais acordos están: non ofrecer sacrificios de leite ou uvas mais de pan e viño mesturado cun chisco de auga; no usar obxectos sagrados para fins profanos baixo pena de excomungación e privación do oficio para os cregos; prohibición para os curas de ter mulleres nas casas excepto súas nais; prohibición de que os bispos sexan levados en cadeira durante posibles procesións; prohibición dos castigos corporais para os novos sacerdotes agás en casos moi graves; prohibición de aceptar doazóns para sacramentos santos e de usar o traballo de servos en beneficio propio.

Theuderico III sucede ao seu irmán en Neustria e Burgundia, pero Austrasia prefire a Clodoveo III, fillo ilexítimo de Clotario III.

novembro, 7: inicio das sesións do XI concilio de Toledo, onde se formula unha reforma da disciplina eclesiástica.

libro de Durrow, cos catro evanxeos e ornamentación de inspiración celta; a súa orixe pode ser Northumbria ou Iona.

673

Septimania
tradiciondigital.es
primavera: Clotario III de Neustria morre sen descendencia. Ebroino pon no trono ao irmán menor do rei co nome de Theuderico III.

os nobres de Burgundia encabezados por Leodegario, bispo de Autun, e Aldarich, rebélanse contra Ebroino e chaman a Childerico II de Austrasia, que se fai con Neustria e unifica novamente todos os territorios francos. Ebroino é recluído en Luxeuil.

xullo, 4: morre Ecgberht de Kent, sucedido por seu irmán Hlothhere.

en Septimania rebélase Hilderico, gobernador de Nimes, que aspira ao trono. É apoiado por Gumildo, bispo de Manguelone. Wamba envía o dux Paulus para sufocar a rebelión pero este proclámase rei ao chegar a Narbonna.

Lupus I de Basconia e Aquitania apoia a Paulus e arrasa a rexión de Beziers. Wamba marcha cara os Pireneos e combate os vascos en Álava; logo pasa os Pireneos coas súas tropas.

setembro, 3: Wamba somete Septimania e captura a Paulus, refuxiado en Nimes; os líderes rebeldes son decalvados e sometidos a prisión de por vida.

Frithuwold de Surrey aproveita a supremacía de Mercia para prosperar. O casamento de súa irmá Osgyth co rei Sighere de Essex fracasa; ela foxe a buscar a protección do bispo Bedwinus de North Elmham (Norfolk), onde profesa como relixiosa.

Domangart mac Domnaill de Dál Riata morre e é sucedido por seu sobriño Máel Dúin mac Conaill, que se somete como vasalo ante Ecgfrith de Northumbria.

mércores, 26 de novembro de 2014

662

mapa da progresiva extensión do califato 'umayyad'
en.wikipedia.org
Godeperto fai a guerra a seu irmán Pertarito, e busca a axuda de Grimoaldo, duque de Benevento, que ordena que o asasinen. O fillo de Godeperto, Raxinperto, escapa e Grimoaldo usurpa o trono. Pertarito é exiliado e busca refuxio en Gallia e Britannia. O novo rei cede o ducado de Benevento ao seu fillo Romualdo.

as tensións entre a nobreza de Neustria e Austrasia van en aumento; os de Neustria nomean a Childerico II, fillo de Clodoveo II e irmán menor de Clotario III, que reina baixo a tutela do mordomo de palacio Wulfoaldo.

os francos aproveitan as disensións entre os lombardos e invaden o norte de Italia pero son derrotados por Grimoaldo.

Swithelm de Essex é bautizado por Cedd na corte de Aethelwald de East Anglia, que actúa como promotor seu.

Ziyad ibn Abi Sufyan, xeneral e membro do clan umayyad, é nomeado gobernador das antigas provincias persas.

‘Uqba ibn Nāfi’ é nomeado xeneral de Africa por Mu’awiyya (Ifriqiya en árabe), que inda debe conquistar.

agosto, 13: Maximo Confesor, monxe bizantino e teólogo, morre no exilio en Lazica, na costa SE do mar Negro.