Amosando publicacións coa etiqueta Clotario III. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Clotario III. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de decembro de 2014

673

Septimania
tradiciondigital.es
primavera: Clotario III de Neustria morre sen descendencia. Ebroino pon no trono ao irmán menor do rei co nome de Theuderico III.

os nobres de Burgundia encabezados por Leodegario, bispo de Autun, e Aldarich, rebélanse contra Ebroino e chaman a Childerico II de Austrasia, que se fai con Neustria e unifica novamente todos os territorios francos. Ebroino é recluído en Luxeuil.

xullo, 4: morre Ecgberht de Kent, sucedido por seu irmán Hlothhere.

en Septimania rebélase Hilderico, gobernador de Nimes, que aspira ao trono. É apoiado por Gumildo, bispo de Manguelone. Wamba envía o dux Paulus para sufocar a rebelión pero este proclámase rei ao chegar a Narbonna.

Lupus I de Basconia e Aquitania apoia a Paulus e arrasa a rexión de Beziers. Wamba marcha cara os Pireneos e combate os vascos en Álava; logo pasa os Pireneos coas súas tropas.

setembro, 3: Wamba somete Septimania e captura a Paulus, refuxiado en Nimes; os líderes rebeldes son decalvados e sometidos a prisión de por vida.

Frithuwold de Surrey aproveita a supremacía de Mercia para prosperar. O casamento de súa irmá Osgyth co rei Sighere de Essex fracasa; ela foxe a buscar a protección do bispo Bedwinus de North Elmham (Norfolk), onde profesa como relixiosa.

Domangart mac Domnaill de Dál Riata morre e é sucedido por seu sobriño Máel Dúin mac Conaill, que se somete como vasalo ante Ecgfrith de Northumbria.

xoves, 27 de novembro de 2014

664

Hadrumetum
www.theatrum.de
en Britannia coexisten dous credos cristiáns: o católico e o celta. Oswiu de Northumbria é celta pero a súa muller católica.

sínodo de Whitby, presidido polo abade Wilfrid, bispo de Eboracum, no que Oswiu apoia aos cregos e costumes eclesiásticos católicos e os celtas pasan a ser cada vez máis marxinais, retirándose a Caledonia e Hibernia.

maio, 1: eclipse solar no norte de Britannia e o norte de Xermania.

os lombardos de Benevento conquistan Matera, onde existen e se fundan numeroso mosteiros tanto beneditinos como grego-ortodoxos.

Ealdwulf sucede a Aethelwald como rei de East Anglia. Morre Swithhelm, sendo sucedido por Sebbi e Sighere, curmáns seus, como reis de Essex.

unha praga devasta Gwynedd e reduce drasticamente a poboación na costa sur de Britannia. Cadafael Cadomedd morre e é sucedido por Cadwaladr.

xullo, 14: Eorcenberht de Kent morre e é sucedido por Ecgberht (menor), sendo rexente súa nai, a raíña Seaxburh.

al-Muhallab ibn Abi Suffrah comanda forzas musulmás que desde Persia chegan a Multan, no sur de Punjab; conquista Kabul.

os musulmáns derrotan os bizantinos en Hadrumetum (Proconsularis).

Sixebrando, bispo de París e conselleiro de Balthild, é asasinado, co que a raíña se retira a unha abadía e deixa o campo libre para Ebroino, mordomo de palacio, que é acusado de ser un tirano polos nobres de Neustria. Segundo el só trata de conservar a autoridade de Clotario III e manter o legado administrativo dos ‘romanos’, pero en realidade favorece os seus propios intereses e os da súa familia.

mércores, 26 de novembro de 2014

662

mapa da progresiva extensión do califato 'umayyad'
en.wikipedia.org
Godeperto fai a guerra a seu irmán Pertarito, e busca a axuda de Grimoaldo, duque de Benevento, que ordena que o asasinen. O fillo de Godeperto, Raxinperto, escapa e Grimoaldo usurpa o trono. Pertarito é exiliado e busca refuxio en Gallia e Britannia. O novo rei cede o ducado de Benevento ao seu fillo Romualdo.

as tensións entre a nobreza de Neustria e Austrasia van en aumento; os de Neustria nomean a Childerico II, fillo de Clodoveo II e irmán menor de Clotario III, que reina baixo a tutela do mordomo de palacio Wulfoaldo.

os francos aproveitan as disensións entre os lombardos e invaden o norte de Italia pero son derrotados por Grimoaldo.

Swithelm de Essex é bautizado por Cedd na corte de Aethelwald de East Anglia, que actúa como promotor seu.

Ziyad ibn Abi Sufyan, xeneral e membro do clan umayyad, é nomeado gobernador das antigas provincias persas.

‘Uqba ibn Nāfi’ é nomeado xeneral de Africa por Mu’awiyya (Ifriqiya en árabe), que inda debe conquistar.

agosto, 13: Maximo Confesor, monxe bizantino e teólogo, morre no exilio en Lazica, na costa SE do mar Negro.

sábado, 22 de novembro de 2014

657

emperatriz Wu Zetian
es.wikipedia.org
xuño, 1: morre Uxío I.

xullo, 1: Vitaliano, novo bispo de Roma coa aprobación do exarca de Ravenna. O novo bispo de Roma procura normalizar as relacións co imperio e debe disputar a primacía eclesiástica co arcebispo de Ravenna.

xullo, 26-29: batalla de Siffin, na ribeira do Eufrates, cerca de ar-Raqqah (Syria), na que se enfrontan Ali e Mu’awiyya (seica este fixo colocar nos extremos das lanzas dos seus soldados exemplares do Corán, como signo de reconciliación); os dous bandos se consideran vencedores e ambos se considera califas lexítimos. Ali reside en Kufa e Mu’awiyya en Damasco.

a emperatriz Wu Zetian nomea o seu propio primeiro ministro e ten cada vez máis influencia, superior ao propio emperador Gaozong.

Gaozong comisiona a publicación dun documento oficial que recolle o uso de 833 substancias diferentes cos seus usos medicinais.

outubro, 31: morre Clodoveo II de Neustria, sucedido por Clotario III (3 anos), exercendo a rexencia Balthild, aconsellada por cregos piadosos, que lle fan ditar medidas que tentan frear os abusos cometidos contra escravos e poboación humilde.