xoves, 27 de novembro de 2014

664

Hadrumetum
www.theatrum.de
en Britannia coexisten dous credos cristiáns: o católico e o celta. Oswiu de Northumbria é celta pero a súa muller católica.

sínodo de Whitby, presidido polo abade Wilfrid, bispo de Eboracum, no que Oswiu apoia aos cregos e costumes eclesiásticos católicos e os celtas pasan a ser cada vez máis marxinais, retirándose a Caledonia e Hibernia.

maio, 1: eclipse solar no norte de Britannia e o norte de Xermania.

os lombardos de Benevento conquistan Matera, onde existen e se fundan numeroso mosteiros tanto beneditinos como grego-ortodoxos.

Ealdwulf sucede a Aethelwald como rei de East Anglia. Morre Swithhelm, sendo sucedido por Sebbi e Sighere, curmáns seus, como reis de Essex.

unha praga devasta Gwynedd e reduce drasticamente a poboación na costa sur de Britannia. Cadafael Cadomedd morre e é sucedido por Cadwaladr.

xullo, 14: Eorcenberht de Kent morre e é sucedido por Ecgberht (menor), sendo rexente súa nai, a raíña Seaxburh.

al-Muhallab ibn Abi Suffrah comanda forzas musulmás que desde Persia chegan a Multan, no sur de Punjab; conquista Kabul.

os musulmáns derrotan os bizantinos en Hadrumetum (Proconsularis).

Sixebrando, bispo de París e conselleiro de Balthild, é asasinado, co que a raíña se retira a unha abadía e deixa o campo libre para Ebroino, mordomo de palacio, que é acusado de ser un tirano polos nobres de Neustria. Segundo el só trata de conservar a autoridade de Clotario III e manter o legado administrativo dos ‘romanos’, pero en realidade favorece os seus propios intereses e os da súa familia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario