Amosando publicacións coa etiqueta Martiño I (bispo de Roma). Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Martiño I (bispo de Roma). Amosar todas as publicacións

venres, 21 de novembro de 2014

655

extensión dos territorios Chalukya
en.wikipedia.org
batalla dos mastros: Constante II decide enfrontarse a Mu’awiyya e reúne unha flota (500 naves) que comandala persoalmente. Ataca a musulmá, comandada por Abdullah ibn Sa’ad, tendo lugar o encontro en Lycia, fronte o monte Phoenix, cerca do porto do mesmo nome (actual Finike) e os bizantinos son derrotados. O emperador consegue poñerse a salvo en Constantinopla con moitas dificultades. De todas maneiras, os musulmáns tamén sofren moitos danos e non poden operar por unha tempada.

maio, 15: Martiño I é conducido a Cherson, na península de Crimea.

novembro, 2: inicio das sesións do IX concilio de Toledo.

novembro, 15: batalla de Winwaed entre Penda de Mercia e Oswiu que conclúe coa derrota e morte do primeiro. Cadafael Cadomedd de Gwynedd e Oethelwald de Deira, aliados de Mercia, retiran as súas forzas antes de comezar a loita. Esta batalla acaba co último símbolo pagán en Britannia.

Oswiu é agora a referencia (bretwalda) e faise tamén rei de Mercia, instalando ao seu xenro, Peada, fillo de Penda, como rei de Middle Anglia.

Vikramaditya I de Chalukya reunifica o reino logo de derrotar os seus irmáns.

setembro, 16: Martiño I morre de fame e polas malas condicións nas que vive.

Peada funda a catedral de Peterborough (en Canterbury) e Deusdedit é consagrado como arcebispo.

654

Constante II con Constantino IV Pogonatos
Frutuoso, bispo de Braga.

publícase o liber judiciorum, baseado no dereito romano e que equipara os godos e o resto da poboación en Hispania.

marzo, 1: a comunidade xudía de Toletum asina un placitum, onde se compromete a non manter relacións cos seus ‘irmáns’ bautizados, nin practicar a circuncisión, nin celebrar o sabá, nin practicar o restos dos seus costumes e crenzas ancestrais e adoptar os cristiáns.

abril: Constante II nomea o seu fillo Constantino IV Pogonatos (2 anos) augustus.

en China, a emperatriz Wang é acusada de ter tentado envelenar o emperador. A concubina Wu Zhao é nomeada emperatriz, que manda asasinar a Wang e a outra concubina.

Penda derrota a Anna de East Anglia en Blythburgh. Anna e o seu fillo Jurmin morren na loita.

Aethelhere sucede a seu irmán no trono de East Anglia e acepta a autoridade de Penda.

Mu’awiyya fai de Chipre unha base para seguir a conquista das illas do Mare Nostrum. Conquista Kos.

setembro, 17: Martiño I é conducido a Constantinopla e alí condenado (decembro, 15) a ser desmembrado polo delito de lesa maxestade.

novembro, 24: morre Kōkotu e a súa irmá Kōgyoku sucédeo no trono co nome de Saimei.

Takamuko no Kuromaro é enviado á corte Tang pero morre nada máis chegar a Chang’an.

Petros, novo patriarca de Constantinopla.

peste en Provenza, Latium e Ticinum.

xoves, 20 de novembro de 2014

653

Recesvinto
no codex vigilianus
es.wikipedia.org
xuño, 17: os ataques de Martiño I contra o monotelismo colman a paciencia de Constante II, que ordena detelo no propio palacio Laterano. O exarca de Ravenna Theodoros Kalliopas executa a orde imperial e reclúe a Martiño en Naxos, antes de trasladalo a Constantinopla. Maximo Confesor segue a mesma sorte que o bispo de Roma.

Constante II marcha a Armenia, onde logra algunhas vitorias, pero non pode conquistar a parte de Armenia que fora persa.

morre asasinado Rodoaldo, sucedido por Eriberto I, que aposta decididamente polo catolicismo.

Paulos II deixa de ser patriarca de Constantinopla.

Constante II concede aos armenios autonomía e nomea ao nakharar Theodor Rshtuni soberano de Armenia.

Mu’awiyya ataca Rodas, facéndose cos restos de bronce do ‘coloso’ que traslada a Syria para acuñar moedas.

Atto, sucede a  Theodelap como duque de Spoleto.

Penda predomina no centro de Britannia, onde impón ao seu fillo Peada como rei. Peada casa con Alchflaed, filla de Oswiu de Bernicia e é bautizado en ad murum (cerca do ‘muro de Adriano’) polo bispo Finan.

Oethelwald de Deira rexeita a soberanía de Oswiu e alíase con Penda, que lanza outro ataque sobre Bernicia.

Talorgan I, sobriño de Oswiu, é coronado rei picto, e acepta a soberanía e a tributación a Northumbria.

Sigeberht II adopta o cristianismo e entra a formar parte dunha coalición contra Penda.

o príncipe Tenji de Xapón muda a súa residencia a Asuka (na prefectura Nara) con outros membros da familia imperial e ministros. O emperador Kōtoku permanece no palacio Naniwa.

setembro, 30: morre Chindasvinto e, segundo o disposto, sucédeo o seu fillo Recesvinto.

decembro, 16: inicio das sesións do VIII Concilio de Toledo, convocado por Recesvinto, no que trata de conciliar el perdón real coas severas leis ditadas por seu pai. De novo establécese que no sucesivo serán bispos e nobres os que elixirán o rei.

mércores, 19 de novembro de 2014

650

jaimegorenstein.com
Lepcis Magna é abandonada cando comezan os ataques musulmáns e transfórmase nunha praza militar.

iníciase a compilación do liber judiciorum.

os jázaros acaban co reino dos on-ogur, no norte do Cáucaso.

en Teotihuacan fin da fase xoalalpan e inicio da oxtotípac.

morre Sigeberht I de Essex, sucedido por Sigeberht II.

Xénova cae en mans de Rothario.

Georgios I, patriarca de Xerusalem, logo de anos de ‘sé vacante’.

os jázaros aniquilan un exército musulmán baixo Abd ar-Rahman ibn Rabiah cerca da cidade de Balanjar, no norte do Cáucaso. Na batalla úsanse catapultas por ambos bandos.

tropas de Mercia entran en East Anglia, destrúen o mosteiro de Burgh Castle e expulsan ao rei Anna, que foxe a Magonsaete.

Oswiu de Bernicia busca apoio en Hibernia contra Penda. Alí inicia unha relación con Fín, neta do rei Colmán Rímid Ui Neill.

Cloten de Dyfed (nor sur de Gales) casa coa princesa Ceindrech de Brycheiniog e unen ambos reinos.

imprímense os primeiros billetes en China.

Olympios, exarca de Ravenna, proclámase emperador co apoio de Martiño I.

o concilio de Rouén insiste no cumprimento da práctica do descanso dominical.

martes, 18 de novembro de 2014

649

emperador Gaozong
en.wikipedia.org
xaneiro, 19: os defensores de Kucha réndense logo dun asedio de 40 días. Queda establecido o control chinés total sobre o norte da conca do Tarim.

xaneiro, 20: Recesvinto, nomeado co-rexente por Chindasvinto.

Mu'awiyya, gobernador de Syria, comisiona a Adbullah ibn Sa'ad a conquista de Chipre, cousa que fai usando unha flota de 1700 naves manexada por mariñeiros cristiáns disidentes: coptos e monofisitas, entre outros. Os musulmáns saquean Constantia, logo dun curto asedio, e tamén o resto da illa. Os xefes locais concordan en pagar ao califato o mesmo tributo que se pagaba a Constantinopla.

maio, 14: morre Theodoro I, tendo sona de ter sido xeneroso cos necesitados.

xullo, 5: Martiño I sucede a Theodoro I como bispo de Roma.

xullo, 10: Gaozong (20 anos) sucede a seu pai Taizong, como emperador Tangg en China.


outubro, 5: Martiño I convoca un sínodo no Laterano, ao que asisten 105 bispos, maioritariamente italianos.

outubro, 31: o sínodo elabora un documento con 20 obxeccións ao monotelismo, remitido a Constantinopla.

Botandus, sucesor de Cuniperto como bispo de Colonia.

Constante II acusa a Martiño I de ter condenado o monotelismo e ordena a Olympius, exarca de Ravenna, que o arreste. O exarca tenta gañarse a poboación e os bispos e ordena asasinar a Martiño.

o emperador Kōtoku acusa a Soga no Kurayamada de traizón e estrangúlao de xeito ritual no templo de Yamada-dera, sendo outros membros do clan ‘soga’ arrestados e executados.