emperador Gaozong en.wikipedia.org |
xaneiro,
19: os defensores de Kucha réndense logo
dun asedio de 40 días. Queda establecido o control chinés total sobre o norte
da conca do Tarim.
xaneiro,
20: Recesvinto, nomeado co-rexente
por Chindasvinto.
Mu'awiyya, gobernador de Syria, comisiona a Adbullah ibn Sa'ad a conquista de Chipre, cousa que fai usando unha flota de 1700 naves manexada por mariñeiros cristiáns disidentes: coptos e monofisitas, entre outros. Os musulmáns saquean Constantia, logo dun curto asedio, e tamén o resto da illa. Os xefes locais concordan en pagar ao califato o mesmo tributo que se pagaba a Constantinopla.
maio, 14: morre Theodoro I, tendo sona de ter sido xeneroso cos necesitados.
xullo,
5: Martiño I sucede a Theodoro I
como bispo de Roma.
xullo, 10: Gaozong (20 anos) sucede a seu pai Taizong, como emperador Tangg en China.
xullo, 10: Gaozong (20 anos) sucede a seu pai Taizong, como emperador Tangg en China.
outubro,
5: Martiño I convoca un sínodo no Laterano,
ao que asisten 105 bispos, maioritariamente italianos.
outubro,
31: o sínodo elabora un documento con 20 obxeccións ao monotelismo, remitido a Constantinopla.
Botandus,
sucesor de Cuniperto como bispo de
Colonia.
Constante II
acusa a Martiño I de ter condenado o monotelismo e ordena a Olympius, exarca de Ravenna, que o
arreste. O exarca tenta gañarse a poboación e os bispos e ordena asasinar a
Martiño.
o
emperador Kōtoku acusa a Soga no Kurayamada de traizón e estrangúlao
de xeito ritual no templo de Yamada-dera,
sendo outros membros do clan ‘soga’ arrestados e executados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario