Amosando publicacións coa etiqueta Godeperto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Godeperto. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de novembro de 2014

662

mapa da progresiva extensión do califato 'umayyad'
en.wikipedia.org
Godeperto fai a guerra a seu irmán Pertarito, e busca a axuda de Grimoaldo, duque de Benevento, que ordena que o asasinen. O fillo de Godeperto, Raxinperto, escapa e Grimoaldo usurpa o trono. Pertarito é exiliado e busca refuxio en Gallia e Britannia. O novo rei cede o ducado de Benevento ao seu fillo Romualdo.

as tensións entre a nobreza de Neustria e Austrasia van en aumento; os de Neustria nomean a Childerico II, fillo de Clodoveo II e irmán menor de Clotario III, que reina baixo a tutela do mordomo de palacio Wulfoaldo.

os francos aproveitan as disensións entre os lombardos e invaden o norte de Italia pero son derrotados por Grimoaldo.

Swithelm de Essex é bautizado por Cedd na corte de Aethelwald de East Anglia, que actúa como promotor seu.

Ziyad ibn Abi Sufyan, xeneral e membro do clan umayyad, é nomeado gobernador das antigas provincias persas.

‘Uqba ibn Nāfi’ é nomeado xeneral de Africa por Mu’awiyya (Ifriqiya en árabe), que inda debe conquistar.

agosto, 13: Maximo Confesor, monxe bizantino e teólogo, morre no exilio en Lazica, na costa SE do mar Negro.

luns, 24 de novembro de 2014

661

emperador Tenji de Xapón
debuxo de Ogura Hyakunin Isshu
es.wikipedia.org
Constante II instálase en Atenas.

algúns musulmáns, cansos da guerra, cren que a solución para conseguir a paz entre eles pasa por asasinar os dous ‘califas’.

xaneiro, 22: os khariditas conseguen atentar contra Ali, mentres reza en Kufa (morre o 24). Mu’awiyya é agora o único califa. Iníciase por tanto o ‘califato ummayad’.

os partidarios de Ali non aceptan a situación e resisten en Kufa arredor de Hasan ibn Ali e Husain ibn Ali, fillos de Ali, que resultan ser relixiosos amantes do estudo e cedo renuncian ao trono. Inda así, os seus partidarios persisten. Serán coñecidos como shiitas.

morre Eriberto I e Pertarito e Godeperto, fillos del, dividen o reino lombardo: un reside en Mediolanum e o outro en Ticinum. Godeperto forza unha alianza con Grimoaldo, duque de Benevento.

batalla de Posbury: Cenwalh de Wessex invade Dumnonia e derrota os britanos cerca de Crediton empurrándoos contra a costa.

Wulfhere de Mercia e o seu exército saquean os Berkshire Downs (ao sur do Támesis) e diríxense cara o sur para conquistar o Meonware e a illa de Wight.

Wulfhere nomea a Aethelwealh rei de Sussex e é bautizado en Mercia.

Mu’awiyya fai preso ao patriarca Giwarxis I ao negarse a pagar o tributo esixido; os cristiáns son perseguidos e algunhas igrexas destruídas.

a flota imperial xaponesa invade Kyūshū por orden da emperatriz Saimei. De camiño, a princesa Nukata compón un famoso poema en Nikitatsu na provincia de Iyo.

Saimei constrúe o palacio de Asakura en Kyūshū de árbores que sostiñan altares e morre dous meses máis tarde. A lenda di que por unha maldición dos deuses que habitaban os altares destruídos.

o emperador Tenji sube ao trono imperial xaponés logo da morte de Saimei e que envía un exército baixo Abe no Hirafu a Korea para axudar a Baekje, aliado xaponés.

Munmu, rei de Silla, en Korea.

Maximo Confesor é levado á capital e xulgado e sentenciado a serlle cortadas a lingua e a man dereita para evitar que volva opoñerse ao monotelismo.