emperador Tenji de Xapón debuxo de Ogura Hyakunin Isshu es.wikipedia.org |
Constante II
instálase en Atenas.
algúns
musulmáns, cansos da guerra, cren que a solución para conseguir a paz entre eles
pasa por asasinar os dous ‘califas’.
xaneiro,
22: os khariditas conseguen atentar contra
Ali, mentres reza en Kufa (morre o 24). Mu’awiyya é agora o único califa. Iníciase por tanto o ‘califato ummayad’.
os
partidarios de Ali non aceptan a situación e resisten en Kufa arredor de Hasan ibn
Ali e Husain ibn Ali, fillos de
Ali, que resultan ser relixiosos amantes do estudo e cedo renuncian ao trono.
Inda así, os seus partidarios persisten. Serán coñecidos como shiitas.
morre
Eriberto I e Pertarito e Godeperto, fillos
del, dividen o reino lombardo: un reside en Mediolanum
e o outro en Ticinum. Godeperto forza
unha alianza con Grimoaldo, duque de
Benevento.
batalla
de Posbury: Cenwalh de Wessex invade Dumnonia
e derrota os britanos cerca de Crediton
empurrándoos contra a costa.
Wulfhere de Mercia e o
seu exército saquean os Berkshire Downs
(ao sur do Támesis) e diríxense cara o sur para conquistar o Meonware e a illa de Wight.
Wulfhere
nomea a Aethelwealh rei de Sussex e é bautizado en Mercia.
Mu’awiyya
fai preso ao patriarca Giwarxis I ao
negarse a pagar o tributo esixido; os cristiáns son perseguidos e algunhas
igrexas destruídas.
a
flota imperial xaponesa invade Kyūshū
por orden da emperatriz Saimei. De
camiño, a princesa Nukata compón un
famoso poema en Nikitatsu na
provincia de Iyo.
Saimei
constrúe o palacio de Asakura en Kyūshū de árbores que sostiñan altares e
morre dous meses máis tarde. A lenda di que por unha maldición dos deuses que
habitaban os altares destruídos.
o
emperador Tenji sube ao trono
imperial xaponés logo da morte de Saimei e que envía un exército baixo Abe no Hirafu a Korea para axudar a Baekje, aliado xaponés.
Munmu, rei
de Silla, en Korea.
Maximo Confesor é
levado á capital e xulgado e sentenciado a serlle cortadas a lingua e a man
dereita para evitar que volva opoñerse ao monotelismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario