clepsidra vivirdiario.com |
Constante II manía
coas ambicións de seu irmán menor Teodosio
e fai que o asasinen; isto desata as iras da xente na capital e decide marchar con
parte da corte a Tesalónica, coa idea
de chegar ata Sicilia.
Swithhelm e Swithfrith matan a seu irmán Sigeberht II, e sucédeno conxuntamente como reis de Essex. O defunto era demasiado ‘proclive’ a perdoar os ‘inimigos’
(os cristiáns).
Domanagart II mac
Domnaill, rei de Dál Riata, sucesor
de Conall II Crandomna.
xullo:
Mu’awiyya é proclamado califa polos
seus partidarios en Xerusalem en
contra de Ali. Damasco pasa a ser a
capital dos musulmáns en detrimento de Madinat.
Organiza un aparato estatal centralizado que se apoia nos iemenitas e os cadros
bizantinos sirios recen convertidos ao islam (Ibn Sarjun é un vello funcionario bizantino que se encarga das
finanzas).
xullo,
9: batalla de Hwangsanbeol, na que
forzas de Silla (50000 homes)
dirixidas polo xeneral Kim Yu-shin
derrotan o exército de Baekje en Nonsan; o xeneral Gyebaek morre loitando contra os invasores.
xullo,
18: rendición de Sabi, capital de Baekje, que é conquistado por unha
alianza da dinastía Tang e Silla, dirixida polo xeneral chinés Su Dingfang e polo rei Munmu de Silla.
Felix,
patricio de Tolosa, asume o título de
duque de Vasconia e Aquitania; formalmente é vasalo dos
francos pero comeza a tomar decisións propias.
Cenwalh de Wessex
divide a se episcopal de Dorchester
en dúas: Wine, bispo de Wintancestir; Axilberto de Dorchester dimite como protesta e viaxa cara Northumbria.
Gaozong
enferma (quizás envelenamento) e Wu
Zetian comeza a gobernar o imperio chinés nun clima de terror.
o
príncipe Naka no Ōe no Ōji de Xapón
fabrica unha clepsidra en Asuka.
os
búlgaros líbranse do xugo avaro co liderado de Asparoukh e chegan ao delta do Danubio e instálanse na Dobruja.
Ningún comentario:
Publicar un comentario