Amosando publicacións coa etiqueta Pertarito. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pertarito. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de decembro de 2014

688

tremises de Cuniperto
it.wikipedia.org
maio, 15: inicio das sesións do XV concilio de Toledo, no que Vicente é mencionado como bispo de Dumio.

morre asasinado Pertarito nunha conxura e sucédeo o seu fillo Cuniperto.

Alahis, duque de Brescia, inicia unha guerra civil e asedia a Cuniperto nunha illa do lago Como; Cuniperto logra romper o cerco.

Domnall, sucesor de Maelduin como rei de Dal Riata.

Caedwalla, rei de Wessex, abdica e inicia unha peregrinación cara Roma; a causa son as feridas sufridas durante o ataque a Wight. Ine, fillo dun curmán segundo, Coenred de Dorset, é o sucesor.

Aethelred de Mercia utiliza a súa influencia no SO de Britannia para entronizar a Oswine, membro menor da familia real e primo segundo de Eadric, como rei de Kent. Ao príncipe Swaefheard de Essex concédeselle a porción oeste de Kent.

K’inich B’aaknal Chaak, soberano da cidade maia de Toniná.

Wigbert, anglo-saxón, inicia a ‘evanxelización’ dos frisios.

Xustiniano II marcha a Thracia, onde restaura a autoridade bizantina e traslada moitos búlgaros e eslavos prisioneiros ao thema de Opsicia (Anatolia).

Eadberht, nomeado bispo de Lindisfarne, onde constrúe un altar ‘sagrado’ en memoria do seu predecesor Cuthbert; un lugar que se converterá en lugar de peregrinación frecuente.

mércores, 10 de decembro de 2014

680

triente de Ervixio
ceca de Emerita
Pertarito instala a Cuniperto, fillo seu, como corexente; e asina un tratado de paz con Constantino IV, no que este recoñece oficialmente o status quo en Italia.

marzo, 27: concilio de Roma, para preparar o ecuménico de Constantinopla.

Pipino de Heristal chega a mordomo de palacio en Austrasia.

Caedwalla de Wessex excédese nas súas ambicións contra seu rival Centwine, que o condena a vivir illado nos bosques de Chiltern e Andred.

abril, 18: morre Mu’awiyya, sucedido polo seu fillo Yazid I, segundo califa umayyad e sexto do islam. Os shiitas rebélanse en Kufa e convidan a Hussein ibn Ali a dirixilos.

batalla de Lafotao, na que tropas de Neustria baixo Ebroino derrotan a Pipino de Heristal.

unha lenda di que Martiño, irmán ou colaborador próximo a Pipino, se refuxiou nun santuario, de onde non se podía quitalo sen cometer sacrilexio. Ebroino envía dous bispos que lle xuran sobre unha caixa con reliquias que non se lle faría dano. Martiño accede a saír do seu refuxio pero Ebroino non tarda nada en executalo. Os bispos non dixeran que a caixa non tiña reliquia algunha.

maio, 15: Ebroino é asasinado por Ermenfroi e substituído por Waratton.

outubro, 10: batalla de Karbala, na que Yazid mata a Hussein ibn Ali (decapitado por Shimr ibn Dhi ‘l-Jawshan), a súa familia e os seus principais colaboradores. Isto marca o punto irreconciliable entre sunitas e shiitas, que escollen como líder ao imán Ali Zain al-Abidin.

outubro, 14: Wamba asiste a un banquete organizado polo seu sobriño, o conde Ervixio; sufre un ataque cataléptico (ou é narcotizado) e, pensando que morrera, os seus servos tonsúrano e vísteno de monxe para ‘facilitar a súa entrada nos ceos’; sen embargo, esperta e cando o fai é forzado a abdicar (os tonsurados non poden reinar) e profesar nun mosteiro.

outubro, 15: Ervixio, elixido rei godo; insiste en medidas contra os xudeus.

Theodoro, arcebispo de Canterbury convoca un sínodo en Hatfield que confirma o rexeitamento ao monotelismo.

Wilfrid retorna a Northumbria co apoio de Roma pero Ecgfrith exíliao novamente e ten que viaxar a Sussex, onde evanxeliza o pobo.

novembro, 12: inicio das sesións do sexto concilio ecuménico en Constantinopla. O obxectivo é rematar co monotelismo.

Constantino IV reforza a sona do imperio logo da derrota dos musulmáns; sen embargo, decátase de que Syria e Éxito son irrecuperables e que o monotelismo era fonte inútil de discordia con occidente.

Theodo II, duque bávaro.

Bonitus, nomeado prefecto de Massilia por Theuderico III.

mércores, 3 de decembro de 2014

671

Pertarito
digilander.libero.it
morre Grimoaldo, sucédeo o seu fillo Garibaldo, pero Pertarito volve do exilio para ser rei. Impón definitivamente o catolicismo, inda que non recoñece a autoridade do bispo de Roma.

batalla dos ‘dous ríos’, na que Ecgfrith de Northumbria e Beornhaeth derrotan os pictos baixo Drest VI mac Donnel cerca da illa de Moncreiffe (Perth, Escocia); os pictos son feitos servos baixo a tutela de Brude mac Bili.

novembro: Yijing, monxe chinés budista, viaxa en barco desde Guangzhou e visita a capital de Srivijava, onde está seis meses estudando a gramática do sánscrito e a linguaxe ‘malay’.

Silla controla a capital do antigo reino de Baekje, Sabi, que estaba baixo control Tang.

os musulmáns franquean o río Oxus (Amur-Daria) e conquistan Bujara.

50000 familias árabes de Mesopotamia son reasentadas en Merv, o que permite aliviar tensións na súa lugar de orixe e reforzar a dominación musulmá en Persia.

Lupus I, duque de Aquitania e Basconia en rebeldía contra o patricio de Tolosa Félix.

mércores, 26 de novembro de 2014

662

mapa da progresiva extensión do califato 'umayyad'
en.wikipedia.org
Godeperto fai a guerra a seu irmán Pertarito, e busca a axuda de Grimoaldo, duque de Benevento, que ordena que o asasinen. O fillo de Godeperto, Raxinperto, escapa e Grimoaldo usurpa o trono. Pertarito é exiliado e busca refuxio en Gallia e Britannia. O novo rei cede o ducado de Benevento ao seu fillo Romualdo.

as tensións entre a nobreza de Neustria e Austrasia van en aumento; os de Neustria nomean a Childerico II, fillo de Clodoveo II e irmán menor de Clotario III, que reina baixo a tutela do mordomo de palacio Wulfoaldo.

os francos aproveitan as disensións entre os lombardos e invaden o norte de Italia pero son derrotados por Grimoaldo.

Swithelm de Essex é bautizado por Cedd na corte de Aethelwald de East Anglia, que actúa como promotor seu.

Ziyad ibn Abi Sufyan, xeneral e membro do clan umayyad, é nomeado gobernador das antigas provincias persas.

‘Uqba ibn Nāfi’ é nomeado xeneral de Africa por Mu’awiyya (Ifriqiya en árabe), que inda debe conquistar.

agosto, 13: Maximo Confesor, monxe bizantino e teólogo, morre no exilio en Lazica, na costa SE do mar Negro.

luns, 24 de novembro de 2014

661

emperador Tenji de Xapón
debuxo de Ogura Hyakunin Isshu
es.wikipedia.org
Constante II instálase en Atenas.

algúns musulmáns, cansos da guerra, cren que a solución para conseguir a paz entre eles pasa por asasinar os dous ‘califas’.

xaneiro, 22: os khariditas conseguen atentar contra Ali, mentres reza en Kufa (morre o 24). Mu’awiyya é agora o único califa. Iníciase por tanto o ‘califato ummayad’.

os partidarios de Ali non aceptan a situación e resisten en Kufa arredor de Hasan ibn Ali e Husain ibn Ali, fillos de Ali, que resultan ser relixiosos amantes do estudo e cedo renuncian ao trono. Inda así, os seus partidarios persisten. Serán coñecidos como shiitas.

morre Eriberto I e Pertarito e Godeperto, fillos del, dividen o reino lombardo: un reside en Mediolanum e o outro en Ticinum. Godeperto forza unha alianza con Grimoaldo, duque de Benevento.

batalla de Posbury: Cenwalh de Wessex invade Dumnonia e derrota os britanos cerca de Crediton empurrándoos contra a costa.

Wulfhere de Mercia e o seu exército saquean os Berkshire Downs (ao sur do Támesis) e diríxense cara o sur para conquistar o Meonware e a illa de Wight.

Wulfhere nomea a Aethelwealh rei de Sussex e é bautizado en Mercia.

Mu’awiyya fai preso ao patriarca Giwarxis I ao negarse a pagar o tributo esixido; os cristiáns son perseguidos e algunhas igrexas destruídas.

a flota imperial xaponesa invade Kyūshū por orden da emperatriz Saimei. De camiño, a princesa Nukata compón un famoso poema en Nikitatsu na provincia de Iyo.

Saimei constrúe o palacio de Asakura en Kyūshū de árbores que sostiñan altares e morre dous meses máis tarde. A lenda di que por unha maldición dos deuses que habitaban os altares destruídos.

o emperador Tenji sube ao trono imperial xaponés logo da morte de Saimei e que envía un exército baixo Abe no Hirafu a Korea para axudar a Baekje, aliado xaponés.

Munmu, rei de Silla, en Korea.

Maximo Confesor é levado á capital e xulgado e sentenciado a serlle cortadas a lingua e a man dereita para evitar que volva opoñerse ao monotelismo.