Mogadouro moviespictures.org |
testemuña epigráfica dun casamento entre un hispano-romano e unha sueva en Mogadouro, o que proba dúas cousas: 1/
existe unha identidade sueva separada da goda ou hispanorromana inda nesta
época, e 2/ a tolerancia sueva aos casamentos entre etnias distintas; ao contrario
da exclusión practicada polos godos.
Suintila expulsa definitivamente os bizantinos de Hispania.
os musulmáns de Madinat
atacan e derrotan unha caravana de infieis, causando 63 vítimas na súa primeira
acción bélica.
marzo, 15: con 300 fieis Muhammad derrota a 900 adversarios mecanos (coraichitas) na batalla de Badr, ao SO de Madinat, ao seu
regreso de Syria. Logo de oír que o
líder Abu Sufyan escolta unha rica caravana, Muhammad enche de area os
pozos de auga ao longo da súa ruta para atraelos á loita. A continuación
derrotan a tribo xudía dos Banu Qainuqa.
promúlgase o Tanglu Shuyi, primeiro código legal
chino que se conserva completo.
Máximo Confesor xa reside no mosteiro de Xurxo en Cyzicus
(costa sur do Mar de Mármara), onde escribe as súas primeiras obras: unha serie
de cartas, incluíndo catro a Xoan
Cubicularius (eunuco imperial), e algúns dos seus tratados espirituais coma
‘a vida ascética’ e as catro ‘centurias sobre o amor’. Durante
esta estancia tamén coñece a Xoán,
bispo de Cyzicus, a que dedica ‘libros
de dificultades’, en base a conversas entre os dous e que escribe cando
chega a Africa.
Suintila ataca os territorios vascos.
Justus sucede a Mellitus como
arcebispo de Canterbury. Dispón o envío de misioneiros a Northumbria.
inverno: Cosroes II, retira a
maioría das súas forzas de Chalcedonia
e xunta tres exércitos para atrapar e destruír as forzas de Heraclio, que os ataca Tigranakert (oeste
de Armenia); desorganiza as forzas dos xenerais Shahin Vahmanzadegan e Shahraplakan
e destrúe o tren de subministracións persa.
Eorpwald sucede a seu pai Raedwald como
rei (bretwalda) de East Anglia.
o calígrafo chinés Ouyang Xun
completa a enciclopedia Yiwen Leiju.
Dagoberto I elimina o bávaro Chrodoaldo.
Dagoberto I elimina o bávaro Chrodoaldo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario