Edwin de Northumbria es.wikipedia.org |
morre Teodelinda, nai
de Adaloaldo, seriamente ameazado
pola oposición ariana.
marzo, 19: os habitantes de a Meca, alarmados polas expedicións musulmás, contraatacan e derrotan
os homes de Muhammad en Uhud.
Edwin de
Northumbria casa con Ethelberga, filla do defunto
Ethelbert de Kent, o que aumenta considerablemente
o seu prestixio entre os anglos. Ela é cristiá e ten como conselleiro a Paullinus, un ancián que chegara a Britannia con Agostiño de Canterbury. Ambos propóñense converter a Edwin.
xullo, 21: Edwin de Northumbria, os reis de Kent, de East Anglia e de Wessex abrazan
a causa papal en contra dos monxes escoceses e crean o arcebispado de York. Paullinus
é consagrado arcebispo de York por Justus
de Canterbury.
agosto: expulsión da tribo xudía dos Banu Nadir, que se refuxia no oasis de Khaybar, a 100 kms ao norte.
outubro, 25: morre Bonifacio V.
os escritores teñen agora vez unha conciencia estritamente ‘nacional’, en
vista da debilidade progresiva do Imperio; pódese ser cristián sen ser romano. Os
reis tampouco se ven coma irmáns e son apoiados sen problemas pola igrexa ‘nacional’
contra outros.
os bizantinos dominan as Baleares; ou as illas quizás gozan
de semi-independencia. Ata a caída de Carthago
estarán baixo un tribunus que depende
de Cerdeña.
o único que queda en mans bizantinas nos Balcáns son castella illados e as cidades de
Constantinopla e Thessalonica.
novembro, 3: Honorio
I, novo bispo de Roma.
sínodo en Reims: trátanse cuestións relativas á
alienación de bens eclesiásticos, á escravitude e ao dereito de asilo nas
igrexas.
Heraclio marcha coas súas forzas cara o oeste a través das
montañas de Corduene. En menos de sete días pasa o monte Ararat e captura, ao
longo do río Arsanias, as fortalezas estratéxicas de Amida e Martyropolis no
alto Tigris. O exército persa no norte de Mesopotamia retírase cara o oeste a
través do Éufrates. Heraclio segue ata Cilicia, portando un gran botín.
batalla de Sarus:
Heraclio cruza vitorioso o río e as forzas de Shahrbaraz, con moitos reforzos, son derrotadas cerca de Adana. Heraclio recupera Capadocia e Pontus e retorna a Trapezus
para pasar o inverno. Shahrbaraz retrocede con orden e é capaz de seguir
avanzando a través de Anatolia cara Constantinopla.
morre Cadfan de
Gwynedd e é soterrado en Llangadwaladr,
once inda se pode ver o seu memorial. Sucédeo o seu fillo Cadwallon.
Judicael ap
Hoel, rei de Domnonée
(norte de Britannia).
Pulakesi II
de Chalukya recibe unha embaixada persa en Badami.
Dagoberto I casa con Gomatrude en Clichy. Dous días despois, apoiado polos bispos e nobres reclama a seu pai Clotario II unha asemblea do reino de Austrasia. Clotario cede a rexión ao oeste dos Vosgos e das Ardenas, mais conserva as zonas austrasianas de Aquitania e Provenza.
Dagoberto I casa con Gomatrude en Clichy. Dous días despois, apoiado polos bispos e nobres reclama a seu pai Clotario II unha asemblea do reino de Austrasia. Clotario cede a rexión ao oeste dos Vosgos e das Ardenas, mais conserva as zonas austrasianas de Aquitania e Provenza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario