sección das murallas de Constantinopla elocasodebizancio.blogspot.com |
os arianos logran envelenar a Adaloaldo,
demente, e elixen rei a Ariwaldo, cuñado seu,
que encerra a muller de Adaloaldo nun mosteiro acusándoa de tramar contra el
xunto con Grasfulfo II de Friuli.
Ariwaldo
fixa a corte en Ticinum e reorganiza
a administración seguindo o exemplo bizantino.
o
duque alamano Berohartus publica o ‘pactus alemannorum’, o primeiro código
lexislativo alamano, coa pretensión de conter os feudos frecuentes entre a
poboación.
Edwin de
Northumbria derrota a Cynegils, rei de Wessex, que
tentara quebrar a súa crecente fortaleza asasinándoo e obrígao a recoñecer a
súa autoridade.
abril, 19: Eanflaed,
filla de Edwin, nace na residencia real onde o río Derwent. Paullinus bautízaa.
abril, 20 (Pascua): Edwin de Northumbria escapa a un
atentado e promete converterse ao cristianismo, cousa que se decide nunha
asemblea de nobres (witan) reunida en
Goodmanham.
Edwin invade a illa de Man e logo Anglesey. Cadawallon, o rei, é derrotado en
batalla e asediado na illa Puffin.
maio, 14-15: motíns de soldados da garda imperial (scholae) en Constantinopla, furiosos
pola supresión das distribucións de annona
e o aumento do prezo do pan. O patriarca cálmaos sacrificando o tesoureiro Xoán Seismos.
xullo, 2: Li
Shimin viaxa a Chang’an para
despedir a seu irmán Li Yuanji,
cunha encomenda militar contra os turcos orientais. Li ten noticia de que o
queren matar e toma a entrada norte ao palacio imperial con varios fieis, tende
unha emboscada e elimina os seus irmáns Li Yuanji e Ji Jiancheng, que están detrás do atentado, celosos do seu poder.
xullo,
29 (ata agosto, 7): Cosroes II
acorda unha alianza cos avaros, que cruzan o Danubio e chegan a Constantinopla (arredor
de 80000 homes, incluídos grandes continxentes de eslavos, búlgaros e outros
‘bárbaros’), atacando as murallas da cidade. Un pequeno continxente persa chega
ao Bósforo. Úsanse as máquinas de asedio máis potentes e modernas, moitas delas
cubertas con peles para protexelas dos defensores.
a
defensa da cidade (12000 homes ben adestrados) está en mans de Serxio I e Bonus, magister militum.
xullo,
31: os avaros e os persas lanzan un ataque que cubre a totalidade dos ‘muros de
Teodosio’ (uns 5,7 kms) concentrando esforzos na parte central, particularmente
o mesoteichion, de menos altura. Logo
de duros combates de infantería nos propios muros os bizantinos repelen moitos
asaltos á cidade. Heraclio ordena a
seu irmán Theodoro tratar de
distraer os persas no O de Anatolia mentres el volve ao seu propio exército en Pontus.
agosto,
7: nas augas do ‘Corno de Ouro’ a flota persa é destruída mentres transporta
reforzos. Os avaros, logo de sufrir terribles perdas e quedar sen comida e
subministracións, queiman as súas propias máquinas de asedio e abandonan o
sitio e retroceden aos Balcáns. Os bizantinos logran unha gran vitoria,
decisiva, en Blaquernae ‘baixo a
protección’ da Virxe María.
Heraclio,
con menos de 30000 homes está á defensiva en Pontus. Simula deixar un continxente poderoso en Trapezus e retírase en dirección NE ao
longo do Mar Negro ata Colchis, onde
contén os persas mediante unha combinación de ataques e repregues ao longo do
río Phasis.
Cosroes II planea un
ataque definitivo contra Constantinopla, volve a Anatolia con dous exércitos –
quizás máis de 50000 homes cada un, e un posiblemente mandado por el mesmo. Un
debe conter a Heraclio en Pontus e
outro baixo Shahin Vahmanzadegan é
derrotado por Theodoro.
Heraclio
convida os croatas, eslavos procedentes de Galitzia, Silesia e Bohemia a
asentarse en Illyricum; dánselles
terras entre o Drave e o Adriático para así facer contrapeso fronte ós avaros.
Aos serbios permíteselles trasladarse desde as súas terras ao norte dos
Cárpatos aos territorios ao leste dos croatas. Heraclio solicita a Honorio I que envíe misioneiros a ambos
grupos.
Heraclio
alíase con Tong Yabghu Qaghan, khagan dos turcos occidentais, para unha
invasión conxunta contra os persas na primavera seguintes. Promete a súa filla Eudoxia Epiphania (15 anos) en
matrimonio ao khagan e envíaa cunha
forte escolta e numerosos agasallos.
Heraclio
recupera Anatolia e Exipto para o imperio, e logo ataca directamente
Mesopotamia previa alianza cos jázaros, nómades ao N do mar Negro e
descendentes dos hunos desprazados polos turcos desde as fronteiras orientais
de Persia.
os jázaros atacan os
avaros.
os monxes de san Xurxo de Cyzicus, con eles Máximo
Confesor, foxen cara o sur lonxe do exército persa e a devastación que está
a causar.
Romanus, bispo de Rouen como sucesor de Hidulfo.
sínodo de Clichy:
regulación da división de poder entre os reis merovinxios.
Godinus, fillo do mordomo Warnachar
casa coa súa sogra Bertha, a raíz do
que Clotario II inicia contra el
preparativos militares. Godinus foxe con Bertha onde Dagoberto I pero Clotario atrápaos e mátao a el en Chartres.
Dagoberto I constrúe unha abadía (futura saint Denis)
sobre a tumba de Dionysius.
setembro, 4: Gaozu
abdica en Li Shimin, que reina co nome de Tang
Taizong.
setembro, 23: os turcos orientais asedian Chang’an. Taizong sae da cidade á cabeza
das súas tropas e proponlle un combate singular, á maneira das guerras da
estepa. A paz asínase ao día seguinte.
Clotario II reúne en Troyes os grandes de Borgoña, que
rexeitan nomear un novo mordomo de palacio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario