ruínas de Palenque www.viajejet.com |
Avienus e Pompeius, cónsules.
Simmacus é acusado de varios delictos, co que a súa posición en relación a Laurentius se debilita; contrarresta as acusacións co argumento de que o papa non é responsable diante da xustiza terrena. Apoíase en documentos falsos.
cando se retira Clodoveo, Gundobado rompe o acordo e sitia a Godexiselo en Vienne e mátao nunha igrexa ariana, xunto co bispo. Agora é rei único burgundo. Elixirá a Sixismundo, fillo seu, como correxente en Xenebra.
Gundobado publica un código de leis (lex gundobada).
Domangart Réti sucede a Fergus Mór como soberano de Dalriada á súa morte durante combates contra os pictos.
Khavad I está firmemente asentado no trono; proba da recuperación do Imperio Persa é o inicio de novas hostilidades contra os romanos.
Dong Hun Hou morre dunrante un asedio á capital Jiankang. Sucédeo seu irmán Qi He Di, que é o novo emperador do sur de Qi (China).
Muryeong, rei de Baekie (Korea): durante o seu goberno aliarase con Silla e aumentará as relacións con China e Xapón.
os maias están alcanzando novas cotas de prosperidade. Teotihuacan comeza o seu declive e a poboación comeza a migrar á maior cidade maia, Tikal, levando con eles novas ideas sobre armamento e cerimonias rituais.
maio: con ocasión das festas pagás das brytae enfróntanse os azuis e os verdes. Morren máis de 3000 persoas.
xuño, 5: Ahkal Mo' Nahb I, soberano de Palenque. O primeiro do que coñecemos datas exactas de vida e goberno.
o Sushruta Samhita, en India, contén descricións de cirurxía, enfermidades, plantas curativas e un estudo anatómico detallado.
Xuan Wu Di, emperador do norte, "requisa" 50000 para reconstruír a capital Luoyang.