Amosando publicacións coa etiqueta Ansprando. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ansprando. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de marzo de 2015

712

moeda de Liutprando
www.deamoneta.com
xaneiro, 28: componse Kojiki, a crónica escrita máis antiga de Xapón.

marzo: Ariperto II é vencido cerca de Ticinum por Ansprando, que volve do exilio. Ariperto II morre afogado mentres tenta fuxir a Gallia co seu tesouro.

xuño, 10: batalla de Raor.

xuño, 12: morre Ansprando e é sucedido polo seu fillo Liutprando.

Musa ibn Nusayr desembarca en Hispania con 18000 homes (bérberes e árabes) e, ao comprobar os problemas internos do reino godo decide conquistarlo. Rompe a alianza con Akhila, ataca cidades da Baetica teóricamente aliadas. Conquista Hispalis logo dun duro asedio de tres meses e asedia Emerita.

Pipino de Heristal derrota os alamanos.

Philippicus Bardanes vence os búlgaros, que baixo Tervel chegan ata os muros de Constantinopla.

Qutayba ibn Muslim inicia a conquista definitiva de Transoxiana: Samarcanda, Khârezm. Os T’ou-kiue interveñen. Ocupan Sogdiana. Ataca e ocupa Tachkent e Fergana, de onde foxe o rei e solicita o auxilio chinés.

Philippicus Bardanes transfire armenios a Melitene, Anatolia.

setembro, 8: Rui Zong abdica no seu fillo Xuan Zong (27 anos). Establece o seu control sobre os vales do Oxus e o Jaxarte. Durante o seu reinado derrota os exércitos árabes invasores nunha serie de campañas en Fergana.

Dae Jo-yeong de Balhae volve a pagar tributo aos Tang. Os pobos Tai son obrigados a aceptar a soberanía chinesa.

Johannes VI, patriarca de Constantinopla, sucedendo a Kyros.

Paio, fillo dun alto dignitario de Exica é capturado en Corduba.

domingo, 22 de marzo de 2015

711

representación da batalla de Guadalete
es.wikipedia.org
Martínez Cubells
o casamento do fillo de Pipino de Heristal, Grimoaldo, con Theudesinda, filla do rei frisio Radbod consolida as relacións entre francos e frisios.

abril, 23: morre Childeberto III e sucédeo Dagoberto III, fillo seu e menor.

abril, 27: tras meses de preparativos, Musa ibn Nusayr envía a Hispania un exército moito maior ao mando de Tariq ibn Ziyad (7000 homes), que desembarca nun promotorio (logo denominado Gebel al-Tariq, na súa honra). Derrota un sobriño de Roderico, ao mando dun pequeno continxente. E logo parten cara Hispalis, onde o bispo era irmán de Witiza e contan co seu apoio.

Roderico está no norte loitando contra os vascos, que apoian a Akhila. Marcha cara o sur e chega a Corduba, de onde, tras descansar oito días, sae para facer fronte aos musulmáns.

reconstrución do templo Hōryū-ji en Xapón.

xullo, 19: a batalla acontece onde o Guadalete, próximo a Cadiz. Unha parte das tropas godas deserta no propio campo de batalla e os musulmáns vencen a Roderico, que desaparece.

Tariq envía destacamentos a capturar Corduba e Hispalis.

outubro: Toletum abre as súas portas aos vencedores.

novembro, 4: Philippicus Bardanes provoca unha rebelión de Quersonea coa axuda dos xázaros. Xustiniano II sae de Constantinopla cara a Crimea pero Philippicus derrótao no norte de Anatolia e entra en Constantinopla, onde é proclamado basileus e Xustiniano é executado (decembro, 11).

logo do saqueo dun barco árabe por parte de piratas cerca da boca do Indus, árabes sirios baixo Mohammed ben al-Qasim invaden Sind, en India, con 10000 homes e 6000 cabalos, establecendo un sultanato. Qasim envía expedicións a Surashtra, onde establecen asentamentos pacíficos cos Rashtrakuta.

Mohammed caputra Multan logo dun longo asedio e saquea Punjab.

Theudebert, duque de Baviera.

Toniná, cidade maia ataca Palenque e fai prisioneiro a K’inich K’an Joy Chitam II. No seu lugar entronizan a un tal Xok.

a derrota goda fai que a comunidade xudía poida volver a manifestarse como tal.

o sur da baixa Saxonia sofre enormes inundacións.

Philippicus Bardanes, monotelista, provoca rexeitamento en Italia.

decembro: Theodora, a emperatriz bizantina, escapa con Tiberio (seis anos), fillo de Xustiniano II, a un santuario pero Philippicus envía soldados que o sacan de alí e o executan inmediatamente logo de quitalo do recinto sagrado.

Ansprando, duque de Asti, regresa do exilio a Italia cun gran continxente bávaro. Únenselle moitos austriacos.

Berhfrith dirixe unha campaña contra os pictos e derrótaos en Manaw Gododdin.


as tropas bizantinas amotínanse e matan ao exarca Xoán Rhizocope en Ravenna e elixen un xefe propio.

domingo, 15 de febreiro de 2015

700

Hamwic
www.archeurope.eu
morre Cuniperto, sucedido polo seu fillo Liutperto, menor, baixo a rexencia de Ansprando, duque de Asti.

Pipino de Heristal, mordomo de palacio, estende o reino franco, conquista Turinxia e ataca os alamanos.

Geraint de Dumnonia recibe carta de Aldhelm, bispo de Sherborne, para que a igrexa celta se someta ás directrices de Roma.

Ine de Wessex reorganiza o reino con ealdormen.

Eóganachta, unha dinastía irlandesa con orixe en Cashel, comeza a dominar todo o sur de Hibernia.

Hamwic, en Wessex, comeza a destacar como cidade comercial.

Mohammad ibn al-Ash’ath rebélase contra o califa Abd al-Malik nas rexións persas de Sistan e Balochistan.

Abdallah ibn Abd al-Malik captura Theodosiopolis en Armenia.

Musa ibn Nusayr derrota forzas bérberes en Alxeria, acabando coa súa resistencia ante os árabes.

o comercio de escravos a través do Sáhara propicia a creación da cidade de Zawila.

‘compóñense’ os evanxeos de Lindisfarne.

os turcos ‘tujue’ atacan Sogdiana.

Narasimhavarman II, rei pallava, que marcará un hito ao abandonar a arquitectura rupestre e pasar a construír edificios de granito (templos de Ravage, Kailâsanâtha en Kanchi, e Vaikunthaperumal).

inicios da cultura mixteca (Serra Madre e outros lugares montañosos de Mexico).

a nobreza e o clero en Hispania son cada vez máis autónomos do poder do rei godo. Exica non é quen de frear o proceso.