domingo, 15 de febreiro de 2015

700

Hamwic
www.archeurope.eu
morre Cuniperto, sucedido polo seu fillo Liutperto, menor, baixo a rexencia de Ansprando, duque de Asti.

Pipino de Heristal, mordomo de palacio, estende o reino franco, conquista Turinxia e ataca os alamanos.

Geraint de Dumnonia recibe carta de Aldhelm, bispo de Sherborne, para que a igrexa celta se someta ás directrices de Roma.

Ine de Wessex reorganiza o reino con ealdormen.

Eóganachta, unha dinastía irlandesa con orixe en Cashel, comeza a dominar todo o sur de Hibernia.

Hamwic, en Wessex, comeza a destacar como cidade comercial.

Mohammad ibn al-Ash’ath rebélase contra o califa Abd al-Malik nas rexións persas de Sistan e Balochistan.

Abdallah ibn Abd al-Malik captura Theodosiopolis en Armenia.

Musa ibn Nusayr derrota forzas bérberes en Alxeria, acabando coa súa resistencia ante os árabes.

o comercio de escravos a través do Sáhara propicia a creación da cidade de Zawila.

‘compóñense’ os evanxeos de Lindisfarne.

os turcos ‘tujue’ atacan Sogdiana.

Narasimhavarman II, rei pallava, que marcará un hito ao abandonar a arquitectura rupestre e pasar a construír edificios de granito (templos de Ravage, Kailâsanâtha en Kanchi, e Vaikunthaperumal).

inicios da cultura mixteca (Serra Madre e outros lugares montañosos de Mexico).

a nobreza e o clero en Hispania son cada vez máis autónomos do poder do rei godo. Exica non é quen de frear o proceso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario