luns, 22 de decembro de 2014

699

templo jokhang, Lhasa, Tibet
www.dailymail.co.uk
Khri-hdus-song, rei tibetano, derrota novamente os chineses.

Srivijaya, unha talasocracia do sur de Sumatra, parte de Java e Borneo, controla o comercio entre China e India.

tropas umayyad invaden Armenia para someter a Smbat VI Bagratuni. O Cáucaso sur recibe o nome de Arminiya, dividida en catro rexións: Albania, Iberia, río Aras e Taron.

xuño, 26: En no Ozunu, asceta xaponés, é exiliado a Izu Ōshima (unha illa volcánica) acusado de confundir a xente con ‘maxia’. Será o precursor dunha relixión chamada Shugendō.

inverno: Muhammad ibn al-Ash’ath dirixe un exército contra Al-Hajjaj ben Yusuf e ocupa Basra, logo ataca Kufa, onde entra trunfante.

reunificación dos turcos orientais e os occidentais por obra de Qapaghan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario