maqueta de Tui medieval tiniandres.blogspot |
primavera – verán: Carthago cae novamente en mans do exército musulmán dirixido por Hasan
ibn al-Nu’man e as instalacións portuarias (comerciais e militares) son
destruídas. Os musulmáns fundan Tunis.
as tropas bizantinas que sobreviven retíranse a Creta, onde se sublevan e nomean basileus a un xeneral chamado Apsimar,
que adopta o nome de Tiberio III. O novo emperador chega a
Constantinopla, apresa e Leontios, que corre a mesma sorte que Xustiniano
II, sendo recluído nun mosteiro.
outono – inverno: o novo emperador goberna
eficazmente e seu irmán Heraclio cruza cun exército os pasos montañosos
de Taurus e entra en Cilicia, lanza unha campaña en Syria, derrota unha forza árabe procedente
de Antioquia e chega a Samosata.
Teodomiro, gobernador godo
do Levante, enfróntase a unha flota
grega que pretende desembarcar en Hispania.
Poden ser restos da flota de guerra bizantina expulsada de Carthago ou outras bases conquistadas polos musulmás, ou
refuxiados, ou as dúas cousas.
novembro, 15: Exica nomea sucesor e
co–rexente a Witiza, fillo seu, e ordénalle vivir en Tude para que ‘o pai teña o reino dos
godos e o fillo o dos suevos’; isto proba a persistencia dunha identidade
sueva, diferenciada da goda.
Fiannamail ua Dúnchado, sucede a Ainbcellah,
como rei de Dal Riata.
un sínodo en Aquileia
decide o final do cisma dos ‘tres capítulos’ e os bispos presentes sométense á
autoridade de Roma, confirmada nun sínodo de reconciliación en Ticinum.
Berhtred morre á cabeza dun
exército de Northumbria en territorio
picto; sen embargo, os anglo-saxóns anexan o reino de Cait.
al-Kahina é derrotada nos Aures, finalizando a resistencia bérber
contra os musulmáns.
Qapaghan Qaghan conquista partes
de Transoxiana.
Willibrord establece unha
abadía en Echternach co apoio de Irmina,
filla de Dagoberto II.
creación de Balhae,
reino no norte da península de Korea.
dinares coa data 698 van a parar ata a Escandinavia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario