Amosando publicacións coa etiqueta Sisinio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sisinio. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de marzo de 2015

708

a lenda di que o emperador Shennong descubriu o te
www.china.org.cn
xaneiro, 15: consagración de Sisinio como bispo de Roma.

marzo, 25: consagración de Constantino I, logo da morte de Sisinio. Continúa unha política de amizade co emperador de Constantinopla.

batalla de Anchialos: Tervel invade Thracia, onde acude Xustiniano II, que é derrotado ao ser superado por un ataque sorpresa da cabalería búlgara dirixida polo propio Tervel. O emperador consegue refuxiarse na cidade e escapa a Constantinopla en barco.

Audoino, bispo de Constanza.

Maslamah ibn Abd al-Malik captura e saquea Tyana logo de derrotar un exército de refresco bizantino. Maslamah inicia outra expedición no verán e derrota outro exército bizantino cerca de Amorium.

Nazaktar Khan, un príncipe turco Shahi aliado co imperio de Tibet, captura Bactria aos umayyad.

agosto, 29: data de acuñación das primeiras moedas de bronce en Xapón.

o té gaña fama entre os chineses; entre outras cousas, polos seus valores mediciñais.

domingo, 8 de marzo de 2015

707

mesquita de Kalon, Boukhara
commons,wikipedia.org
xullo, 18: morre Mommu, honrada co mogari, rito funerario anterior ao budismo que se celebra por última vez.

al-Walid I ordena comezar en Damasco as obras da construción da mesquita de Omajjaden. Tamén se funda o primeiro hospital islámico (bimaristan).

un exército umayyad baixo Maslamah ibn Abd al-Malik invade Asia Menor e asedia Tyana (Cappadocia), que resiste.

agosto, 18: inicio do reinado de Genmei, tía súa, 43º emperatriz no trono de Xapón. É irmá tamén da anterior emperatriz Jitō, sobriña e muller do tamén anterior emperador Tenmu.

unha flota musulmá con base en Tunis, praza forte próxima á conquistada Carthago, conquista as illas Baleares; os musulmáns conclúen un pacto que establece un acordo de coexistencia pacífica coas poboacións cristiás das illas.

outubro, 18: morre Xoán VII, sendo elixido para sucedelo Sisinio, que debe esperar a ratificación do exarca de Ravenna.

os turcos T’ou-kiue interveñen en Sogdiana, chamados polos cidadáns de Boukhara: o kaghan Mo-tcho envía o seu sobriño Kul-tégin, que é derrotado entre Boukhara e Merv polo gobernador musulmán de Khorassan Qutayba.