Amosando publicacións coa etiqueta Kubrat. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Kubrat. Amosar todas as publicacións

sábado, 29 de novembro de 2014

665

www.proel.org
morre Kubrat, khagan búlgaro, sendo sucedido polo seu fillo Batbayan, que goberna desde Poltava as terras ao norte do mar Negro e o mar de Azov.

Sighere e Saebbi de Essex enfróntanse pola predominancia entre Mercia e Wessex. Sighere promove o retorno ao paganismo.

un exército musulmán avanza polo deserto e captura Barca (na actual Libia).

Wilfrid viaxa ata Compiegne para ser consagrado por Axilberto, bispo de Paris.

os tibetanos entran no Turquestán.

revolta dos turcos occidentais contra os khans designados polos Tang.

Ziyad, reconciliado con Mu’awiyya, é nomeado gobernador de Basra.

5000 eslavos recrutados en Anatolia polos bizantinos pásanse ao bando musulmán e son instalados nas proximidades de Apamea.

xoves, 6 de novembro de 2014

632

Abu Bakr, sucesor de Muhammad
nunha miniatura persa
es.wikipedia.org
xaneiro, 27: eclipse de sol.

Seondeok, raíña de Silla, en Korea.

marzo, 9: último sermón de Muhammad no val do Uranah, no monte Arafat.

abril, 8: Cariberto II é asasinado en Blaye (Gironde), posiblemente por orde de Dagoberto I, xunto co seu fillo, inda un cativo. Dagoberto I é novamente o rei de todos os territorios francos.

xuño, 8: Muhammad morre en Madinat, probablemente dunha infección. A nova produce grandes disturbios.

Abdallah Abu Bakr, sogro de Muhammad, é o primeiro califa dos musulmáns. Algúns consideran esta sucesión unha usurpación e sepáranse (xiítas ou xiís), considerando a Ali ibn Abi Talib o sucesor lexítimo.

Abu Bakr encarga ao xeneral Khalid ibn al-Walid acabar coas disidencias; as accións militares que emprende son as chamadas ‘guerras de Ridda’.

xuño, 16: logo de novos disturbios sube ao trono persa Yazdegerd III (8 anos).

Martianus, bispo de Constanza.

setembro: na batalla de Buzakha, unha columna islámica (6000) baixo Khalid ibn al-Walid derrotan os rebeldes ‘apóstatas’ baixo Tulayha, nas proximidades de Ha’il, Arabia Saudita).

decembro: batalla de Aqraba, onde Abu Bakr derrota máis rebeldes (40000 homes) baixo Musaylimah, nas chairas de Aqraba.

Kubrat establece a confederación da ‘gran Bulgaria’, collendo as rendas da súa tribo, os búlgaros utigures, e expulsando os avaros das súas terras. Domina desde o delta do Danubio ata o Volga.

Xuanzang, escribe sobre dúas grandes estatuas de Buda no val de Bamiyán.

primeira incursión musulmá en Chipre.

os reis de Karachahr, Kashgar e Khotan, en Tarim, aceptan a soberanía chinesa.

case toda Arabia está baixo Abu Bakr, que envía mensaxes a Heraclio e Yazdegerd III convidándoos a someterse ao islam.

Dagoberto I ten que afianzar as súas fronteiras orientais contra Samo, confiando a tarefa aos saxóns, os austrasianos e a Radulfo, duque de Turinxia.