Musa ibn Nusayr ar.wikipedia.org |
Musa ibn Nusayr controla todo o
actual Marrocos, logo da conquista de Tanxer e Sous.
prodúcense numerosas fugas de escravos e Exica
promulga unha lei que permite detelos e torturalos para que ‘confesen a súa
condición’ e poidan ser devoltos á súa situación anterior.
febreiro, 20: morre K’inich Kan B’alam II, ajaw de Palenque, sucedido por seu irmán
K’inich K’an Joy Chitam II (maio, 30).
abril, 4: al-Hajjaj derrota a Ibn
al-Ash’ath, en rebelión contra os umayyad
na batalla de Dayr al-Jamajim nas
proximidades de Kufa. al-Hajjaj ben
Yusef crea a vila militar de Wâsit
para vixiar o Éufrates.
decembro: Witiza sucede a Exica como
rei godo, que morre asasinado nunha conxura quizás articulada por Roderico.
Behrtwald, arcebispo de
Canterbury, convoca o concilio de Austerfield
para decidir sobre os dereitos de Wilfrid, a quen se lle ofrece a abadía
de Ripon, se renuncia ao bispado. Pero Wilfrid rexeita a oferta e apela a Roma.
os piratas etíopes ameazan Djedda, porto de a Meca. Os árabes reaccionan e destrúen a flota de
Aksum e establécense en Massaoua e as illas Dahlac, e logo destrúen e incendian Adulis e outros enclaves na costa eritrea.
Aksum, sen bases marítimas, queda reducido á
impotencia política e económica. Interrómpese a acuñación de moeda. O poder
desprázase cara as provincias máis montañosas.
o patricius Antenor domina a Provenza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario