moeda de Liutprando www.deamoneta.com |
xaneiro,
28: componse Kojiki, a crónica
escrita máis antiga de Xapón.
marzo: Ariperto
II é vencido cerca de Ticinum
por Ansprando, que volve do exilio.
Ariperto II morre afogado mentres tenta fuxir a Gallia co seu tesouro.
xuño, 10:
batalla de Raor.
xuño, 12:
morre Ansprando e é sucedido polo seu fillo Liutprando.
Musa ibn Nusayr
desembarca en Hispania con 18000
homes (bérberes e árabes) e, ao comprobar os problemas internos do reino godo
decide conquistarlo. Rompe a alianza con Akhila,
ataca cidades da Baetica teóricamente
aliadas. Conquista Hispalis logo dun duro asedio de tres meses e asedia Emerita.
Pipino de Heristal derrota os alamanos.
Philippicus Bardanes vence os
búlgaros, que baixo Tervel chegan
ata os muros de Constantinopla.
Qutayba ibn Muslim inicia a
conquista definitiva de Transoxiana: Samarcanda, Khârezm. Os T’ou-kiue
interveñen. Ocupan Sogdiana. Ataca e
ocupa Tachkent e Fergana, de onde foxe o rei e solicita o auxilio chinés.
Philippicus
Bardanes transfire armenios a Melitene,
Anatolia.
setembro,
8: Rui Zong abdica no seu fillo Xuan Zong (27 anos). Establece o seu
control sobre os vales do Oxus e o Jaxarte. Durante o seu reinado derrota os
exércitos árabes invasores nunha serie de campañas en Fergana.
Dae Jo-yeong de Balhae volve a pagar tributo aos Tang.
Os pobos Tai son obrigados a aceptar a soberanía chinesa.
Johannes VI, patriarca de Constantinopla, sucedendo a Kyros.
Paio, fillo dun alto
dignitario de Exica é capturado en Corduba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario