representación da batalla de Guadalete es.wikipedia.org Martínez Cubells |
o
casamento do fillo de Pipino de Heristal,
Grimoaldo, con Theudesinda, filla do rei frisio Radbod consolida as relacións entre francos e frisios.
abril,
23: morre Childeberto III e sucédeo Dagoberto III, fillo seu e menor.
abril, 27: tras meses de preparativos, Musa ibn Nusayr envía a Hispania
un exército moito maior ao mando de Tariq
ibn Ziyad (7000 homes), que desembarca nun promotorio (logo denominado Gebel
al-Tariq, na súa honra).
Derrota un sobriño de Roderico, ao
mando dun pequeno continxente. E logo parten cara Hispalis, onde o bispo era irmán de Witiza e contan co seu apoio.
Roderico
está no norte loitando contra os vascos, que apoian a Akhila. Marcha cara o sur e chega a Corduba, de onde, tras descansar oito días, sae para facer fronte aos
musulmáns.
reconstrución
do templo Hōryū-ji en Xapón.
xullo,
19: a batalla acontece onde o Guadalete, próximo a Cadiz. Unha parte das tropas
godas deserta no propio campo de batalla e os musulmáns vencen a Roderico, que
desaparece.
Tariq
envía destacamentos a capturar Corduba
e Hispalis.
outubro: Toletum abre as súas portas aos
vencedores.
novembro,
4: Philippicus Bardanes provoca unha rebelión de Quersonea coa axuda dos xázaros. Xustiniano II sae de Constantinopla cara a Crimea pero Philippicus
derrótao no norte de Anatolia e entra en Constantinopla, onde é proclamado basileus e Xustiniano é executado
(decembro, 11).
logo do
saqueo dun barco árabe por parte de piratas cerca da boca do Indus, árabes
sirios baixo Mohammed ben al-Qasim
invaden Sind, en India, con 10000
homes e 6000 cabalos, establecendo un sultanato. Qasim envía expedicións a Surashtra, onde establecen asentamentos
pacíficos cos Rashtrakuta.
Mohammed
caputra Multan logo dun longo asedio
e saquea Punjab.
Theudebert, duque de Baviera.
Toniná, cidade maia ataca Palenque e fai prisioneiro a K’inich K’an Joy Chitam II. No seu
lugar entronizan a un tal Xok.
a derrota
goda fai que a comunidade xudía poida volver a manifestarse como tal.
o sur da
baixa Saxonia sofre enormes inundacións.
Philippicus
Bardanes, monotelista, provoca rexeitamento en Italia.
decembro:
Theodora, a emperatriz bizantina,
escapa con Tiberio (seis anos),
fillo de Xustiniano II, a un santuario pero Philippicus envía soldados que o
sacan de alí e o executan inmediatamente logo de quitalo do recinto sagrado.
Ansprando, duque de Asti, regresa
do exilio a Italia cun gran
continxente bávaro. Únenselle moitos austriacos.
Berhfrith dirixe unha campaña
contra os pictos e derrótaos en Manaw
Gododdin.
as tropas
bizantinas amotínanse e matan ao exarca Xoán
Rhizocope en Ravenna e elixen un
xefe propio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario