domingo, 15 de marzo de 2015

710

www.ikuska.com
Witiza (30 anos) nomea sucesor a Akhila, fillo seu, e morre pouco despois. Roderico rebélase en Baetica. O primeiro controla o norte e o segundo o sur. No norte e Septimania habería grupos nobres godos e indíxenas pero tamén suevos en Gallaecia.

marzo, 1: Roderico toma Toletum e Akhila pide axuda aos musulmáns en Ifriqiya. O gobernador de Septem Ylyan (o Xulián cristián) fora vasalo de Witiza pero participa activamente no ataque contra Roderico.

Akhila envía dous medios irmáns a Septem para que Ylyan medie con Tariq ibn Ziyad, berber ou persa, gobernador de Tanxer.

abril, 5: Zhong Zong fai que os principais ministros, xenros e altos oficiais participar nunha festa dentro dun palacio en Chang’an.

primavera: finaliza o periodo Asuka, a segunda e última parte do periodo Yamato; comeza o periodo Nara e Heijō-kyō é agora a capital.

xullo, 3: o emperador é asasinado, quizás envelenado pola emperatriz Wei, que non consegue instalar a súa filla Li Guo’er como herdeira.

xullo, 25: a princesa Taiping e seu sobriño Li Longji organizan un golpe no que morre Wei e restauran a Rui Zong como emperador.

unifícanse os reinos de Nobatia e Makuria, baixo o rei do segundo reino.

xullo: al-Walid encarga a Musa ibn Nusayr unha expedición de recoñecemento a Hispania que dirixe Tarif Abú Zará, que parte de Tanxer con 400 homes e desembarca na actual Tarifa, saqueando unha sección do litoral.

Quersonea rebélase contra Xustiniano II con axuda xázara, que envía unha flota baixo o patrikios Estevo, que toma a cidade e restablece o control bizantino. A flota é desfeita por unha tormenta na volta, mentres que a cidade volve rebelarse.

o xeneral bizantino León recupera Abkhazia dos musulmáns para o imperio.

Lupus I, duque da Gascuña, é asasinado mentres tenta tomar Limoges. Eudes convértese en duque de Gascuña e Aquitania.

Ine de Wessex e Nothhelm de Sussex loitan contra Geraint de Dumnonia, que morre en batalla. O avance de Ine faino dono do actual Devon e establece unha base en Taunton.

outubro, 5: Constantino I acepta o convite de Xustiniano II e instálase no palacio do emperador en Nicomedia. O obxectivo é tratar do concilio de 692, o chamado ‘quinisexto’. En Constantinopla non cesan as purgas.

Beorhfrith loita contra os pictos entre Haefe e Caere (entre os ríos Avon e Carron).

Salih I ibn Mansur funda o reino de Nekor no actual Marrocos, ao leste de Tanxer, e converte as tribos berber ao islam.

acaban as obras da mesquita de Al-Aqsa.

outubro, 27: inicio das incursión musulmáns en Cerdeña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario