Apolinar in Classe, Ravenna hr.wikipedia.org |
Xustiniano II
envía unha expedición de castigo a Italia baixo o patrikios Theodoro, con
base en Sicilia, para intervir na disputa entre Constantino I e o arcebispo Felix
de Ravenna, que reclamaba independencia de Roma. Theodoro entra en Ravenna e arresta a Felix e outros
líderes italianos, que son deportados a Constantinopla e logo exilados en Crimea.
Ceolred, rei
de Mercia, logo da abdicación de seu curmán
Cenred. As rivalidades familiares
acaban co exilio forzoso doutro curmán, o príncipe Aethelbald, que foxe aos Crowland
Fens, controlados por East Anglia.
Swaefred e Sigeheard de Essex comparten o poder
con Offa, que abdica para profesar
en Roma xunto con Cenred. Saelred
goberna con Swaefberht o reino menor
de Middlesex.
Maslamah ibn Abd al-Malik arrasa Isauria e é nomeado
gobernador de Armenia e Azerbaixán, sucedendo a seu tío Muhammad ibn Marwan.
Qutayba ibn Muslim
consegue finalmente conquistar Bukhara
para o califato umayyad. Os príncipes
hephtalitas de Tokharistan rebélanse
pero son sometidos por Qutayba.
Pipino de Heristal
comeza unha campaña contra o duque alamano rebelde Willehari.
Lantfrid e Theudebald dirixen os alamanos á morte
de seu pai Gotfrid, duque de todos
os alamanos. Lantfrid a parte norte e Theudebald a parte sur.
Musa ibn Nusayr
conquista Septem e domina toda Africa, agora Ifriqiya.
Ningún comentario:
Publicar un comentario