tremises de Cuniperto it.wikipedia.org |
maio, 15: inicio das sesións do XV concilio de
Toledo, no que Vicente é mencionado como bispo de Dumio.
morre asasinado Pertarito nunha conxura e
sucédeo o seu fillo Cuniperto.
Alahis, duque de Brescia, inicia unha guerra civil e
asedia a Cuniperto nunha illa do lago Como; Cuniperto logra romper o cerco.
Domnall, sucesor de Maelduin
como rei de Dal Riata.
Caedwalla, rei de Wessex, abdica e inicia unha
peregrinación cara Roma; a causa son as feridas sufridas durante o ataque a Wight. Ine, fillo dun curmán
segundo, Coenred de Dorset, é o sucesor.
Aethelred de Mercia utiliza a súa
influencia no SO de Britannia para
entronizar a Oswine, membro menor da familia real e primo segundo de Eadric,
como rei de Kent. Ao príncipe Swaefheard
de Essex concédeselle a porción oeste de Kent.
K’inich B’aaknal Chaak, soberano da
cidade maia de Toniná.
Wigbert, anglo-saxón,
inicia a ‘evanxelización’ dos frisios.
Xustiniano II marcha a Thracia, onde restaura a autoridade
bizantina e traslada moitos búlgaros e eslavos prisioneiros ao thema de Opsicia (Anatolia).
Eadberht, nomeado bispo de Lindisfarne, onde constrúe un altar
‘sagrado’ en memoria do seu predecesor Cuthbert; un lugar que se
converterá en lugar de peregrinación frecuente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario