Frisia www.reddit.com |
batalla de Coronato,
onde o río Adda, na que Alahis,
ariano, é derrotado por Cuniperto, que o executa (decapitado e mutilado:
pernas) xunto cos outros líderes rebeldes. Os ducados lombardos do sur
aproveitan a situación para afianzar e estender os seus territorios.
batalla de Dorestad,
na que Pipino de Heristal vence os frisios, pagáns, liderados por Raadbod;
o delta do Rhenus e a cidade de Dorestad volven a mans francas, así como
algúns outros territorios e castelos (Utrecht e Fechten).
Xustiniano II vence novamente os
búlgaros e recupera Thesalonica para
o imperio e continúa a política de trasladalos a Anatolia, para utilizalos como soldados.
Xustiniano II inicia unha campaña militar en Armenia.
o código Asuka
Kiyomihara, iniciado en 681 por orde de Tenmu é publicado; contén
normas de goberno.
abril, 20: Caedwalla de Wessex chega a Roma e
é bautizado por Serxio I co nome de Pedro; morre dez días despois e é
soterrado na basílica do propio Pedro.
Oswald, irmán do rei Osric
de Hwicce, funda a abadía de Pershore.
Hassan ibn al-Un’man ataca os bérberes
pero é derrotado cerca de Aïn Beida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario