satélite Aryabhata, primeiro da India, en honor do matemático e astrónomo es.wikipedia.org |
Teodorico promove que o seu amigo Anicius Manlius Severinus Boethius, filósofo, sexa cónsul para o
ano.
Teodorico defende que Amalarico (doce anos) é o lexítimo herdeiro ao trono visigodo.
Envía a Teudis a Hispania, que fai
fuxir a Xesaleico e proclama a Amalarico.
Teudis actúa como rexente en nome de Teodorico. Xesaleico refúxiase con Trasamundo, o rei vándalo.
Teodorico levanta o asedio franco a Arelate, defendida polos locais e a axuda do xeneral ostrogodo Ibbas. Os godos conquistan Provenza e consolidan o seu predominio
na rexión.
Wacho asasina a Tato
e faise rei dos lombardos. Pouco despois envía tropas a través do Danubio e
conquista Pannonia ata o Drau.
conflito aberto entre Gauten e Svear en Escandinavia.
Bahnugupta é derrotado polos hephtalitas comandados por Toramana e debe fuxir cara Bengala. Os
hephtalitas conquistan Cachemira e Punjab, co que o reino Gupta comeza a
esfarelarse.
o matemático e astrónomo hindú Aryabhata desenvolve unha sistema de cálculo conocido como código Aryabhata. Un dos seus conceptos
de ecuacións matemáticas explica a rotación da terra arredor do seu eixo. É un
concepto avanzado para o seu tempo e el é moi preciso na súa descrición. Tamén
idea moitas outras ideas sobre o sistema solar pero moitas son erradas porque
considera que a terra é o centro do universo, non o sol. Aryabhata pasa por ser
quen ideou o número ‘cero’ e o usou como parámetro de substitución.
Britannia: batalla de Llongborth, Budic II busca refuxio logo da batalla na corte de Aergol Lawhir en Dyfed (Gales).
Caleb, rei de Aksum,
sucede a seu pai Taziena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario