Ali ibn Abi-Talib |
febreiro,
1: morre Sixeberto III de Austrasia
(25 anos), deixando un fillo menor, Dagoberto
II (4 anos), pero Grimoaldo
envíao en segredo a un mosteiro en Hibernia
e afirma que Sixeberto designara sucesor ao seu propio fillo antes de que
nacera Dagoberto. O novo rei é, por tanto, Childeberto
III. Sen embargo, a nobreza non concorda e o mordomo de palacio e o seu
fillo son pronto asasinados coa axuda de Clodoveo
II de Neustria e o seu mordomo Ebroino,
que volven unificar baixo un só rei todos os territorios francos.
xuño,
20: Utman morre asasinado en Madinat e resulta elixido novo califa Ali ibn Abi-Talib, un dos xenros de Muhammad. Ali traslada a capital a Kufa.
sen
embargo, Aisha bint Abi Bark, unha
viúva do profeta, encabeza a oposición imputando a Ali a responsabilidade do
asasinato do seu predecesor. Gaña para a súa causa Mu’awiyya e iníciase unha guerra civil que detén os avances
musulmáns en todos os frentes.
decembro,
1: inicio das sesións do X concilio de Toledo coa asistencia de 17 bispos (tres
metropolitanos: Uxío II de Toledo, Frutuoso de Braga e Fuxitivo de Hispalis) máis outros cinco
representados. Trátanse as penas polo quebrantamento do xuramento de lealdade
ao rei por cregos e leigos; os altos prezos inxustificados polas vendas que fan
sacerdotes de escravos cristiáns a xudeus.
tamén
se tratan asuntos internos da igrexa como a retirada do bispo Potamio a un mosteiro e o testamento de
Ricimero, bispo de Dumium. Este testamento establecera un
número excesivo de legados xa que dera ‘demasiado’ aos pobres xa que ‘os pobres
non teñen ningunha necesidade inminente’ por iso se declaran nulas as súas
doazóns e manumisións.
decembro,
9: ‘batalla do camelo’, en Basra, na
que vencen os partidarios de Ali. Detrás deste hai moitos integrantes da nobreza
sasánida que logra recuperar a súa influencia; polo tanto, subxace unha loita
entre os antigos persas e o núcleo duro musulmán. Morren 10000 persoas e as dúas partes sofren
baixas moi importantes.
Oswiu de Northumbria
invade Pengwern e mata a Cynddylan en batalla cerca do río
Trent. O seu irmán Morfael e os
restos da familia real foxen a Glastening
(Wessex).
Oethelwald de Deira é
feito abdicar por Oswiu, tío seu, por ter desertado na batalla de Winwaed, e reemprazado por Alhfrith, fillo de Oswiu.
morre
Abdullah ibn Sa’ad, gobernador de Exipto.
Saimei de
Xapón constrúe un novo palacio en Asuka
(prefectura Nara) chamado o ‘canal
dos tolos’ pola inxente cantidade xente e recursos desperdiciados na súa
construción.
Li Xian,
sétimo fillo de Gaozong é designado
príncipe herdeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario