arrecaballo.es/ xinetes musulmáns contra francos |
paz entre Carlos Martelo e Eudes de Aquitania, que domina todos os territorios ao sur e leste
do Loira, a excepción de Turena. Eudes recoñece a soberanía de Carlos sobre Neustria e Austrasia e entrégalle a Chilperico
II, que é feito prisioneiro.
marzo - abril: al-Samh, gobernador de Corduba e al-Andalus logo do asasinato de al-Hurr. Reconstrúe a vella ponte romana e os muros da cidade. Non presta atención aos 'rebeldes asturianos', emprendendo expedicións alén dos Pireneos, en Septimania. Conquista Narbo (Arbouna para os musulmáns), antes de atacar Tolosa, onde morren moitos defensores e civís.
maio: morre Clotario IV e Carlos Martel decide sacar da cadea a Chilperico II, facéndoo rei de todos os territorios francos. Inda así, moitos nobres francos non recoñecen a autoridade central e gobernan territorios independentes.
cae Lisboa en mans musulmás.
os cristiáns nubios pasan da obediencia ortodoxa á copta.
Anastasius II inicia unha revolta contra León III cun gran exército, incluíndo auxiliares búlgaros aportados por un pacto con Tervel, pero o seu ataque á capital fracasa, sendo capturado e decapitado por orde do basileus.
Carlos Martelo derrota a Radbod, rei frisio: penetra alén do Rhin, ata as marxes do río Vlie.
Grimoaldo é duque único de Baviera, logo das mortes dos irmáns Theodberto, Theodaldo, e Tassilo II; reunifica o ducado logo da guerra civil e fai de Salzburgo a súa capital.
en Exipto prodúcense conversión masivas ao islam coa consecuencia da diminución drástica de ingresos. O wail solicita ao califa que os musulmáns se sometan tamén ás cargas impositivas, pero este négase.

Ningún comentario:
Publicar un comentario