vista aérea de Carcassone analitica.com |
febreiro, 10: morre Umar II, envelenado por un servente, en
Aleppo; sucedido polo seu curmán Yazid
II.
a extensión do califato
supera a calquera imperio precendente. Despois dun século de expansión, os
árabes xa non son bárbaros do deserto, mais absorben as culturas dos pobos
conquistados. Os califas promoven un sistema xurídico tolerante que permite a
prosperidade do califato.
o islam tamén absorve a
cultura hindú, especialmente a ciencia e as matemáticas. Os hindús reciben o
trato de dhimmi (protexidos) e poden
seguir practicando os seus cultos a condición de pagar o imposto especial.
al-Samh conquista Narbo, na Septimania, usando a cidade como base
para facer incursións na zona. Morre Ardon,
último vestixio da autoridade real goda. Moitos godos néganse á conversión e a
submisión e trasládanse ao norte, a Aquitania.
en al-Andalus os postos relevantes da administración repártense entre
aristócratas árabes, mais os bérberes de Ifriqiya
forman a meirande parte do exército. Logo chegarán sirios, persas, ... En
xeral, coñecéselles como mouros (nome
dun pobo bérbere que os romanos denominaban mauri).
a poboación cristiá
divídese entre mozárabes (conservan a
súa relixión) e muladís (conversos ao islam, tamés escravos que gañan así a súa
liberdade). Tamén están os xudeus, protexidos polos xefes musulmáns, e agora ne
moito mellor situación que cos godos. Os mozárabes gozan de total liberdade de
culto, coa única restrición de non tocar as campás durante o Ramadán.
al-Samh
asedia Carcassona.
en Xapón
remátase a nihon shoki ou nihongi
(Crónica de Xapón), unha historia nacional
escrita por mandato imperial, elaborada por unha comisión presidida polo
príncipe Toneri. Consta de trinta volumes e narra dende a idade
dos deuses ata o reinado da emperatriz Jito (finais do século VII). Baséase
en lendas e o seu obxectivo é lexitimar a dinastía reinante.
a
corte de Xuan Zong é frecuentada
por grandes pintores e poetas como Du Fu, Li Bo, Han Yu ou Bo Juyi.
Invéntase
a xilografía. Así como Wu protexera
o budismo, Xuang Zong inclínase polo confucianismo e o taoísmo. Os exércitos
chineses ocupan boa parte de Bactriana
(os últimos restos do imperio Persa) e así China absorbe elementos da cultura
indo-irania. Sen embargo, xorden problemas internos. Existe unha forte
rivalidade entre a clase dos funcionarios, ben preparados, que ascenden a
través de concursos e exames, e a antiga nobreza, que ve cada vez máis minguadas
as súas oportunidades. Por iso, moitos nobres comezan a armarse.
Liutprando conquista Baioariorum
plurima castra aproveitándose
das dificultades internas do ducado bávaro.
verán: o
emperador León III usa colonos
eslavos para poboar o thema de Thracesia (Asia Menor) e así afortalar
as fronteiras da zona. Asocia ao trono ao seu fillo co nome de Constantino V (cinco anos) e cásao con Tzitzak, filla do khagan jázaro Bihar.
agosto, 25: Yazid ben al-Muhallab rebélase contra Yazid II, sendo derrotado
entre Wasit e Kufa por forzas ao mando de al-Abbas
ibn al-Walid e Maslama ibn Abd
al-Malik, que o reempraza como gobernador de Irak e Khorassan. Yazid é
decapitado e a súa familia declarada proscrita: os homes morren, as mulleres e
os nenos feitos escravos.
os Tang e os seus
aliados Basmil e Khitans atacan os turcos orientais. Bilge Kaghan pode deter o seu avance.
Ine de Wessex constrúe unha igrexa en pedra na
abadía de Glastonbury.
último contacto
testemuñado entre a igrexa galesa e Yvi, en Bretaña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario