luns, 1 de xuño de 2015

718

representación do asedio de Constantinopla
versión búlgara da Crónica de Manasses, s. XIV
en.wikipedia.org 
primaveira: un flota de subministración baixo as ordes de Sufyan chega ás costas bizantinas procedente de Exipto e Tunis, tratando de camuflarse na costa. Os bizantinos averiguan a localización da flota por medio de mariñeiros exipcios cristiáns. León III envía a flota imperial e destrúen co lume grego os barcos inimigos no mar de Mármara e capturan as subministracións na costa, negándolle algo vital ao exército invasor. En terra, os bizantinos destrúen un exército árabe nunha emboscada nas colinas arredor de Sophon, ao sur de Nicomedia. Os árabes inda sofren pestes e fame.

xuño, 3: eclipse solar total visible en Hispania, Tunis e Exipto.

agosto, 15: León III alíase co khan búlgaro Tervel e derrota os musulmáns no lado occidental do Bósforo. Morren entre 22000 e 32000 musulmáns durante os ataques. Umar II é obrigado a levantar o asedio despois de 13 meses. O exército musulmán intenta retirarse a través de Anatolia mentres o resto escapa por mar nos barcos que quedan. A flota árabe sofre baixas ante as tormentas e a erupción do volcán do Thera. Segundo fontes árabes, morren 150000 musulmáns na campaña.

batalla de Soissons: Chilperico II de Neustria e o seu mordomo Ragenfrido alíanse con Eudes, duque de Aquitania, e marchan cara Soissons, na Picardía. Un exército de veteráns francos ao mando de Carlos Martelo derrota os neustrios, que se renden. Chilperico II foxe ao sur do Loira e Ragenfrido a Angers. Carlos decide diplomaticamente non executar os líderes inimigos e convértese no dux francorum indiscutido, finalizando a guerra civil franca.


Paío négase a pagar tributo aos musulmáns. Al-Hurr envía un continxente contra el comandado por al-Kamma. Ten lugar, ao parecer, a ‘batalla de Covadonga’, que remata coa derrota musulmá, nun lugar de difícil acceso. Debeu ser unha escaramuza menor, mais posteriormente magnificada. Paío casa a Ermesinda, filla súa, con Afonso, fillo de Pedro de Cantabria, forxando unha alianza contra os musulmáns.

Fernando Arias, quizás compañeiro de Paío en Covadonga, é señor de Deza e destacado nobre galego.

traslado das escolas cristiás de filosofía e medicina de Alexandría, que xa perderan a súa anterior potencia e preponderancia dende o momento en que se fundou a islámica cidade de Cairo. Isto causará a perda de moitas lembranzas e a confusión de Xoán o Gramático (s. VI), a quen se lle deben importantísimos Comentarios a Aristóteles, co médico homónimo do s. VII.

Carlos Martelo penetra en Saxonia ata o Weser, arrasando todo ao seu paso, en resposta ao ataque saxón aos hatuari. En Colonia, Plectruda cédelle o tesouro de seu pai e retírase a un convento. Despois de vencer ao seu medio irmán Theodebaldo, Carlos faise mordomo de palacio de Austrasia e goberna en nome de Clotario IV.

Osric, rei de Northumbria, logo da morte de Coenred.

compílase o código Yoro, que da nome á era actual.

Liutprando forxa unha alianza con Carlos Martelo e ataca os castelos bávaros no río Adige, mantendo o control estratéxico dos pasos alpinos.

inicios da loita inconoclasta entre León III e o patriarca Germanos I.

o sushi é mencionado por primeira vez nun documento oficial xaponés.

Bonifacio, misioneiro nado en Wessex, chega a Roma, onde Gregorio II o manda a Saxonia para tentar converter aos saxóns.

Hugh de Champaña, curmán de Carlos Martelo, profesa como abade no mosteiro de Jumièges, en Normandía.

Bilge Kaghan envía unha embaixada para negociar a paz con China. Xuan Zong rexeita a demanda e ordena atacar.

os reis de Boukhara, Samarcanda, e Balkh solicitan axuda chinesa ante o avance musulmán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario