domingo, 3 de maio de 2015

717

uso do lume grego durante o segundo asedio de Constantinopla
www.vavel.com
marzo, 21: Carlos Martelo vence os neustrios na batalla de Vincy, na proximidade de Cambrai. Persegue a Chilperico II e o seu mordomo Raganfrido ata Paris.

Carlos Martelo pon no trono de Austrasia a un suposto tío de Dagoberto III, que reina co nome de Clotario IV.

regresa a Colonia e obriga a Plectruda a entregarlle o tesouro de seu pai, Pipino. Perdoa a vida a Plectruda e ao xoven Theudoaldo e obrígalle a aceptar a súa soberanía.

Carlos depón a Rigoberto, bispo de Reims, e substitúeo por Milo. Marcha contra Radbod e faino retroceder cara territorio frisios. Tamén fai retrocedes os saxóns alén do Weser e asegura a fronteira do Rhenus, en nome de Clotario.

logo da derrota de Vincy Chilperico II e o seu mordomo Raganfrido selan unha alianza con Eudes de Aquitania, sendo recoñecido como rei.

lei alamana.

os duques lombardos de Benevento e Spoleto atacan os bizantinos de Italia.

foxe de Corduba un godo chamado Paío, que viaxa cara o norte e refúxiase nos montes de Asturias. Comeza a entablar contactos cos astures.

marzo, 25: a debilidade de Teodosio III e a ameaza de Sulayman, preparado para lanzar un ataque definitivo a Constantinopla, fan que as tropas miren cara Leon o Isauro, strategos do thema de Anatolia, nomeado basileus co nome de Leon III.

Teodosio e o seu fillo profesan e logo será bispo de Éfeso.

Maslam ibn Abd al-Malik dirixe un exército de 80000 homes desde Pérgamo ata Abydos, onde cruza o Helesponto. Para previr a interferencia dos búlgaros ou as forzas bizantinas en Thracia, envía parte do seu exército a unha posición protexida próxima a Adrianópole. Co continxente principal, constrúe liñas de asedio para bloquear a capital, protexida polos muros.

agosto, 15: Maslam inicia o asedio de Constantinopla por mar e terra por orden de Sulayman. A capital é defendida por apenas 25000 homes. León III ordena que os graneiros sexan reabastecidos e instaladas as máquninas de asedio. Os invasores comezan a sufrir moitas baixas produto da enfermidade.

setembro, 1: o almirante Suleiman apoia o ataque terrestre a Constantinopla dirixindo a flota musulmá, con 1800 naves, entra no mar de Mármara e ancla antes os muros para abastecer as tropas terrestres. León IiI ordena usar o lume grego, incendiando así a flota musulmá, da que arden moitas unidades, mentres outras chocan unhas coas outras antes de atacar.

morre Sulayman, sucedido Umar II (ibn ‘Abd al-‘Aziz), o que tamén contribúe a mermar as posibilidades do ataque musulmán.

outono: usurpación de Basil Onomagulos, que é coronado basileus polo strategos Serxio de Sicilia, ao recibir a falsa nova da caída de Constantinopla. León III envía un chartoularios chamado Paulos con instrucións imperiais para o exército bizantino na illa. Basil é arresado e executado, a súa cabeza enviada a León, mentres os outros rebeldes son mutilados e exiliados.

morre Paolo Lucio Anafesto logo de 20 anos de mandato. Sucédeo Marcello Tegalliano, segundo dogo de Venecia.

Nechtan mac Der-llei, rei picto, expulsa os monxes de Iona.

o abade Petronax tenta reconstruír Montecassino.

decembro, 24: un tremor de terra arrasa Syria, que destrúe as igrexas de Edessa.

unha expedición dirixida por al-Hurr ibn Abd al-Rahman al-Thaqafi cruza os Pireneos cunha pequeña forza expedicionaria e entre en Aquitania.

Ningún comentario:

Publicar un comentario