León III o Isaurio teocraciaecumenica.blogspot.com |
Abd al-Azid ibn Musa avanza cara o
norte e chega a Narbonne, onde é asasinado
por orden do califa. É elixido wali Ayyub ibn Habib al-Lakhmi, curmán seu,
ata que chega al-Hurr ibn Abd al-Rahman
al-Thaqafi, nomeado polo gobernador de África, que traslada a súa base a Corduba.
Akhila réndese e recibe salvagarda do
seu patrimonio na zona de Toletum. Os
godos elixen a Ardon.
escapan
ao control musulmán zonas en Callaecia,
territorios vascos e Septimania.
Wynfreth, saxón orixinario de Wessex marcha a Frisia para continuar o labor de Willibrord pero ten que regresar a Nursling porque Radbod é
pagán e contrario dos francos.
Próspero, bispo de Tarraco, foxe a Italia coas reliquias e os libros litúrxicos da bispado e Tarraco
deixa de existir como tal.
marzo: na
batalla de Colonia, Carlos Martelo,
mordomo de Austrasia, é derrotado por
Chilperico II e Raganfrid, mordomo de Neustria
que invaden Austrasia para impoñer a
súa vontade ás dúas faccións en Austrasia;
Theudoaldo e Plectruda.
simultaneamente
Radbod penetra con barcos ata Colonia e alíase con Neustria e Carlos ten que fuxir ás montañas das Ardenas.
abril: na
batalla de Amblève, Carlos Martelo derrota a frisios e neustrios cerca de Amel. Ataca
os seus inimigos cando estes regresan de Colonia. Segundo os ‘anais de Metz’,
Carlos pretende retirarse para destruír os seus inimigos mentres estes
descansan e recupera gran parte do rescate pagado por Plectruda a Chilperico.
abril,
18: León III o Isaurio, que dirixe o thema de Anatolia é proclamado basileus coa axuda de Artavasdos, comandante do thema de
Armenia, parente seu.
abril,
19: Iona adopta os ritos romanos e
abandona os propios do cristianismo celta, que persisten durante tres séculos
máis no norte de Inglaterra, pero sen influencia algunha.
abril 29:
Chilperico II asina un documento no que se menciona unha relación comercial
entre Marsella e oriente. Última mención escrita por longo tempo.
Aethelbald regresa dos Crowland Fens a Mercia e apodérase da
coroa logo da morte de seu curmán Ceolred,
que o relegara ao exilio. Logra imponer o seu dominio sobre Londres, Essex e
todos os ‘midlands’.
Osred I de Northumbria cae en
loita contra os pictos en Manau Gododdin.
Sucédeo Cenred.
xullo,
22: revolta entre os turcos orientais; morre Qapaghan Khan morre durante unha emboscada organizada polos Bayirku,
dirixidos polo seu rival Toquz Oghuz.
A súa cabeza acaba en Chang’an,
capital Tang.
segue un
periodo de anarquía. O seu sobriño Kül
Tegin, fillo de Qutlugh, faise
co poder logo de matar a Bögü e toda
a súa familia. Coloca a seu irmán Bilge
Kaghan no trono.
Taquz Oghuz sepárase do khanato turno,
iniciando a súa decadencia.
Faramundus, bispo de Colonia.
bizantinos
e búlgaros asinan un tratado que recoñece as fronteiras e acordan un tributo
anual.
Faroald II de Spotelo
apodérase de Classis, o porto de Ravenna pero Liutprando ordena a súa devolución.
Ningún comentario:
Publicar un comentario