Gallia a finais do s. VII e inicios do s. VIII es.wikipedia.org |
morre Theuderico III, sucedido polo seu fillo
Clodoveo IV (9 anos), que non pasa de ser un foi fainéant en mans de seu tío Pipino de Heristal, mordomo
de palacio de Austrasia.
II concilio Trullano en Constantinopla no que Serxio
I recoñece os dogmas impostos por Xustiniano II.
morre Ilteris Khagan pero o imperio turco
segue a fortalecerse co seu sucesor Kapagan Khagan.
III concilio de Caesaraugusta.
complétase a construción da ‘cúpula da Rocha’ en Xerusalem.
outubro, 11: Abd al-Malik ibn Marwan derrota en
Maskin, sobre o pequeno Tigris, aos rebeldes de Mesopotamia
encabezados polo gobernador Musab ben az-Zubayr, irmán do califa
disidente Abd Allah ben az-Zubayr.
Abd al-Malik marcha sobre Kufa e volve a Syria;
envía o xeneral Al-Hajjaj ben Yusef, nomeado novo gobernador de Mesopotamia, contra Abd Allah en Hedjaz.
Wilfrid, abade de Ripon, tenta ser bispo de toda Northumbria pero Aldfrith faise
con moitas das propiedades da abadía para fundar alí un bispado; Wilfrid é
exiliado e foxe cara Mercia, onde Aethelred
o fai bispo de Leicester.
rebelión dos kahridjitas
en Bahrein.
Pipino de Heristal derrota os bretóns e sitúa a Agatheus,
un conde franco, como gobernador da marca de Bretaña e, tamén, bispo de Rennes. A Bretaña baixa permanece
independente dos francos.
Begga, nai de Pipino de
Heristal, funda un mosteiro en Andenne,
onde se retira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario