Miro e Martiño de Dumio De virtutibus quattuor (1145) Österreichische Nationalbibliothek gl.wikipedia.org |
morre Teodemiro,
que é sucedido por Miro.
Leovixildo ataca Spania (as
posesións bizantinas) e devasta a Bastetania.
o monxe Donato
chega a Hispania fuxindo de Africa con 70 monxes e unha importante
biblioteca; funda o mosteiro servitano,
de localización descoñecida.
Leutfredo, duque alamano.
a comunidade xudía de Clermont-Ferrand é obrigada a
converterse ao cristianismo.
Faroaldo I funda o ducado lombardo de Spoleto.
morre Xildosio
o sabio, o monxe que escribira a primeira historia de Britannia.
batalla de Gwen
Ystrad: alianza dos reinos britanos de Strathclyde,
Bryneich e Elmet.
nace Muhammad,
no liñaxe dos qurayshitas, e críase
con seu avó, Abd al-Muttalib en
Meca. Abraha, soberano cristián de
Iemen, comeza unha campaña militar contra este clan, coñecida como o ‘ano do
elefante’ pola gran cantidade de elefantes empregados na campaña polas tropas
iemeníes. Unha epidemia de viruela causa moitas mortes no exército iemení e
morre o propio Abraha, sucedido polo seu fillo Yaksum Masruq.
rompe a presa de Ma’rib
(Iemen) co que se compromete gravemente o regadío desa zona; como consecuencia
a poboación migra cara o norte.
maio, 20: os ghassanidas
derrotan os lakhmidas en Ain Obagh.
Ctesiphonte é probablemente a cidade máis grande do mundo, superando
a Constantinopla.
xullo, 21: Ahkal Mo’ Nahb II morre e o trono de
Palenque estará dous anos deserto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario