portada do templo shaolin www.es.wikipedia.org |
Basiliscus e Armatus, cónsules.
xaneiro, 25: morre Gaiserico a
idade avanzada en Carthago e é
sucedido polo seu fillo Hunerico. En
política interior dera liberdade de culto ao católicos pero esixiu conversión
ao arianismo a todos os seus conselleiros máis próximos. A xente do común paga escasos
impostos xa que a maioría da presión fiscal recae en familias romanas e cregos
católicos. Sen embargo, Hunerico incrementa as persecucións.
chega a Constantinopla unha embaixada de Nepos, pedindo tropas e fondos para
poder recuperar Italia. Verina intervén ao seu favor. Zenón pode que desconfíe del polo seu
parentesco coa viúva de León, e polo
tanto tamén con Basiliscus.
Zenón, por intercesión de Ariadna, rexeita as peticións do senado, lexitimando a Nepos como
emperador e remitindo a este as peticións relativas á concesión do título de patricius a Odoacro. Pero Zenón negouse a nomear patricius a Odoacro alegando que, se ben tiña potestade para iso,
Nepos xa o fixera con anterioridade. Na misiva que envía a Odoacro chámao patricius. Sen embargo, non temos
ningunha outra testemuña que ratifique que Nepos nomeara patricius a Odoacro.
ao final Zenón non atende nin desatende as embaixadas
tanto de Odoacro como de Nepos. Decide non intervir en Occidente, ao contrario
do que tentara facer León I continuamente.
saxóns ao mando de Aele
aterran en Britannia na proximidade
de Cymenshore cos seus tres fillos.
Os britanos atácanos pero son vencidos en Pevensey.
Fundan un reino en Sussex e os asentamentos costeiros saxóns van progresando.
Teodorico Estrabón é renomeado por Zenón, pero Teodorico
o Amalo arrasa Macedonia.
Zenón desfaise de
Armatus, magister militum; encárgase o seu suposto amigo Onoulphus.
Shun Di (10 anos), emperador da
dinastía Liu Song, logo do asasinato do seu irmán Houfei Di polo xeral Xiao
Daocheng, que o instala como títere, exercendo el mesmo a rexencia e a
autoridade efectiva. Establece o budismo como relixión oficial.
Xiao Wen Di funda o tempo shaolin, na cara norte do Shaoshi. Tamén
establece o sistema dos “tres líderes” baixo o cal o lugar, “parroquia” e
funcionarios de distrito son responsable de recadar impostos e do recrutamento.
mural nunha cova
de Dunhuang que contén un debuxo dun arnés de cabalo.
Zenón ratifica as adquisicións de Eurico: Arelate, Massiliensis, e a Provenza.
Zenón ratifica as adquisicións de Eurico: Arelate, Massiliensis, e a Provenza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario