Wamba www.hislibris.com |
xaneiro, 7: en Xapón morre o emperador Tenji;
deixa 14 fillos que se disputan a sucesión. O seu favorito, Kōbun (23
anos), que recibira o título de daijō-daijin,
resulta o gañador na disputa.
xaneiro, 27: morre Vitaliano.
abril, 11: Adeodatus II, monxe beneditino,
elixido bispo de Roma.
xuño: inicio da jinshin
no ran, guerra civil de sucesión en Xapón entre Kōbun e o seu tío, o
príncipe Ō-ama.
agosto, 21: Kōbun é vencido e suicídase; é sucedido
por Ō-ama, o 40º emperador do Xapón co apoio do clan Fujiwara, e adopta
o nome de Tenmu.
setembro, 1: morre Recesvinto.
setembro, 19: elíxese como sucesor a Wamba, de
posible liñaxe sueva. A elección non é aceptada por toda a nobreza.
Wamba e Xulián de Hispalis, el mesmo
converso, pactan a erradicación completa do xudaísmo en Hispania.
concilio de Hertford,
convocado e presidido por Theodoro, arcebispo de Canterbury, onde están todos os bispos de Britannia; reorganízase a estrutura eclesiástica e promóvese a
copia e conservación de manuscritos nos mosteiros co que se conserva parte da
herdanza romana.
Caedmon, seica un pastor
analfabeto, soña un poema, ingresa no mosteiro de Whitby, onde a abadesa Hilda recoñece o seu talento e lle
ofrece hospitalidade. Escribe un himno sobre a creación e recrea varios temas
bíblicos en lingua anglo-saxona.
un gran exército musulmán instálase no Bósforo, acompañado dunha gran flota. Constantino
IV toma medidas para resistir un longo asedio.
comezan ataques musulmáns a portos de Hispania. Os godos perseguen os xudeus,
a quen acusan de pactar cos atacantes musulmáns.
morre Cenwalh de Wessex, sucedido pola súa
viúva Seaxburh, pero Wessex
sufre continuas divisións territoriais entre xefes locais.
Máel Ruba, abade irlandés,
funda un dos mosteiros de Applecross
en territorio picto.
Wilfrid, bispo de Eboracum, trae albaneis e artesáns de Gallia e Italia para construír a catedral de Ripon.
Inicio do mandato de Parameshvaravarman I, en
India.
inicio da escultura rupestre xigante de Longmen, en China.
Ningún comentario:
Publicar un comentario