a táboa redonda, un elemento fundamental na lenda do rei Aturo sobreleyendas.com |
Zenón, cónsul único.
último texto
datado de Sidonio (podería ter morto
en calquera ano entre 480 e 490): os seus escritos son fonte fundamental para
este período, tanto dende o punto de vista dos acontecementos históricos como do
xeito de vida da súa clase social.
primavera: Teodorico
o Amalo propón a Zenón marchar a
occidente e devolver o trono a Nepos;
o plan é rexeitado.
Teodorico o Amalo, con forzas reducidas, ataca Macedonia, incluso Tesalónica. Zenón
envía unha embaixada para negociar a paz, mentres Teodorico se apodera de Dyrrachium.
morre Yuryaku, 21º emperador do
Xapón.
Nepos planea invadir Italia e
derrocar a Odoacro.
Ambrosius Aurelianus toma o poder en Britannia (historia regum britanniae). O seu ámbito
quizás sexa o sur da illa, onde loita contra saxóns e anglos. É un personaxe
histórico pero arredor da súa traxectoria medrará a lenda de Artús.
sínodo de bispos africanos en Carthago.
outono: Sabinianus, ao mando de tropas
imperiais, derrota os ostrogodos e infrínxelles fortes perdas.
Verina logra que Flavius Marcianus (fillo de Antemius) se rebele contra Zenón
apoiado por seus irmáns Procopius
Antemius e Romulus, e máis por Teodorico Estrabón. O argumento é que
el é máis idóneo para o trono. Coa axuda de Estrabón, Marcianus faise coa capital
pero é rapidamente derrotado por Illus,
capturado e ordenado á forza. Os seus irmáns foxen cara Italia.
en China, a dinastía Song é derrocada pola dinastía Qi. O
xeral Xiao Daocheng fai asasinar ao
emperador neno da dinastía do sur e toda a súa familia. A historia da nova
dinastía será a crónica dun asasinato tras outro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario