reconstrución de Conimbriga |
Rusticus e Olybrius, cónsules.
febreiro, 6: Ricimer derrota un continxente alano en
Bergamensis (Bergamo)
nos Alpes e mata o rei Beorgor. Marcellinus comes (Beorgor rex
Halanorum a Ricimere rege occiditur)
escribe del coma se fose un rei bárbaro máis.
Remismundo vence a Frumario de xeito
definitivo, ratifica a alianza con Teodorico
II e reforza a estabilidade na zona.
habería dúas interpretacións posibles:
a/ Teodorico II recoñece que non pode controlar a situación e apoia a
Remismundo como a opción máis manexable para el e para os intereses imperiais e
aristocráticos: o envío de armas e o casamento do suevo cunha princesa goda serían
sinais de recoñecemento. Sen embargo, o godo consegue que a súa influencia siga
a sentirse: misións arianas (acaban por converter ao propio rei), protestas
polos ataques suevos a Aunona
(probablemente distrito de Tui).
b/ os godos xa non controlan a situación en Hispania e deben tratar os suevos como iguais. Incluso volve a
muller de Remismundo a Callaecia, que
estivera alí coma refén dende 457. Os provinciais deben valerse por si mesmos
para chegar a acordos sen interferencias alleas.
Arborio abandona a Península
sen ser substituído por ningún outro magister
militum; o único representante militar imperial testemuña a partir de agora
será o dux provinciae Tarraconensis Vicencio, cargo creado por Maioriano antes de abandonar Hispania, e que obedece a un feito obvio:
o carácter fronteirizo de Tarraconensis,
única provincia hispana xa baixo control imperial efectivo.
as bases
militares na liña dende Lucus a
Vitoria (exitentes dende principio do s. V) están baleiros ou ocupados por
continxentes godos, suevos ou pagadas pola aristocracia local.
Lusidio entrega Olisipo ao suevos. Máis tarde será
representante dos suevos ante o emperador.
Aegidius pecha un acordo cos
vándalos.
a andamia institucional romana local sobrevive inda que a
estrutura imperial se esfuma. A superestrutura desaparece: a oportunidade de
exercer cargos no goberno imperial pero a subestrutura permanece. O sistema de
división rexional por conventus é
testemuñado por Hydacio.
Conimbriga é saqueada. A familia do nobre Cantaber é feita presa e levada como
refén.
Aegidius morre, quizás envelenado. Syagrius herda o territorio e os buccellari de seu pai. O comes
Paulus manda as tropas plenamente
romanas que inda existen nese ámbito. A estratexia segue a ser aliarse co
emperador e os francos para poder seguir a existir como poder independente.
Tamén se menciona o comes Arbogast como personaxe influínte na
zona.
Severus nomea a Arvandus
praefectus praetorio en Gallia.
Basiliscus e súa irmá, Aelia Verina, emperatriz, conseguen que este acceda ao consulado do
ano seguinte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario