representación da "menorah" no Arco de Tito |
Hermenericus e Basiliscus, cónsules.
agosto, 15 (novembro, 14): morre Libius Severus por causas naturais (Sidonio e Paulus Diaconus)
ou envelenado por Ricimer (Casiodoro).
Gaiserico volve a propor a Olybrius
como candidato. Inícianse negociacións pero ninguén é nomeado. León I é emperador único.
batalla de Wippedesfleot: os saxóns baixo Hengest e Aesc son derrotados polos britanos onde Ebbsfleet (Kent). Durante a
batalla morren doce xefes galeses.
durante un ataque esciro Valamiro é derrubado do cabalo e morto. Teodemiro sucédeo como xefe ostrogodo.
Syagrius xa non recoñece a autoridade imperial; o seu territorio
muda independente, último reduto “romano” en Gallia.
Marcelino consegue expulsar os vándalos de Sicilia.
setembro: lume en Constantinopla.
morre Nepociano:
ignoramos as causas.
concilio de Vannes (Bretaña): (ata 888) a reiteración das
mesmas sancións nos canons conciliares galos indican que o contacto entre xudeus
e cristiáns era estreito: hai matrimonios mixtos, os xudeus posúen servos
cristiáns, e os cregos comparten comidas con eles.
froito desa convivencia en Gallia é o uso frecuente dos símbolos xudeus máis representativos
(a menorah, por exemplo), inda que moitas veces están privados do seu significado
relixioso orixinal. Sidonio Apolinar describe o castelo do nobre aquitano Pontius Leontius no que hai un panel
pintado coa historia da orixe dos xudeus circuncisos que, en opinión de
Sidonio, “brilla para a eternidade”. Para el e o seu entorno os xudeus son parte
do Imperio e, a súa historia, un episodio máis.
Qian Fei Di, logo Ming Di, chega a soberano da dinastía Liu Song, logo do asasinato do
seu sobriño.
novembro, 19: Hilario
convoca un sínodo en Roma (María Maggiore).
Pedro de Antioquía (ou Pedro Fullo ou o
Fiandeiro) convértese en patriarca.
incursión dos hunos de Hormidac repelida polo magister
militum Anthemius, que
os derrota ao sur do Danubio en Dacia,
provincia romana.
Hydacio empeñara a súa vida en manter os estándares romanos de
orden e ortodoxia relixiosa no que para el xa tiña mudado nunha fronteira
salvaxe. Sente que fracasou a mans de bárbaros e heréticos: os numerosos problemas,
lembrando a unidade e concordia da súa xuventude, fan que idealice aquelas
figuras do pasado xa case remoto que representaban a autoridade efectiva e
lexítima: os días de Teodosio I, e
apreciando tamén personaxes máis recentes coma Aetius, Maioriano ou Aegidius, que, para el, non só defenden
o imperio senón que tamén cumpren a vontade de Deus na terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario