representación de Eurico |
León I e Tatianus,
cónsules.
León I rexeita os hunos en Dacia. Arrasan os Balcáns pero son incapaces de tomar
Constantinopla grazas ás murallas da cidade, que son reconstruídas e
reforzadas.
Tarasicodissa, oficial isauro dos excubitores, aporta evidencias de que Ardabur, magister militum, conxura contra o emperador. Ardabur é arrestado
por traidor.
Tarasicodissa adopta o nome grego de Zenón e casa con Ariadne, filla maior de León I.
Teodorico II é asasinado coa anuencia de Eurico, seu irmán menor, que obtén a
xefatura goda. Conquista Massilia e envía
embaixadores ao Constantinopla para que se recoñeza a soberanía goda. Pecha
unha alianza con suevos e vándalos.
sendo certo que con Eurico os godos expanden os seus territorios e aumentan
decisivamente a súa independencia a respecto do imperio, é cuestionable se Eurico
adopta unha política máis agresiva que a de Teodorico II ou a súas accións son
resultado da inercia imposta polo proceso de deterioro da autoridade imperial.
Segundo Xordanes (s. VI): “ao
observar a debilidade da autoridade romana …, ten xa baixo a súa xurisdición
toda Hispania e Gallia.” A posterior ruptura do foedus
enmárcase dentro da competencia por ocupar o trono imperial.
Eurico dedica a maioría dos seus recursos aos asuntos de Gallia; como consecuencia, Hispania afonda o seu propio proceso
centrífugo.
nas illas da lagoa veneciana xorde un consello de doce
municipios.
Pedro de Antioquía é deposto. Xulián é elixido coma sucesor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario