as-Saffah proclamado califa en.wikipedia.org |
xaneiro, 25: Marwan II é derrotado xunto ao río Zab.
Á batalla segue a persecución e matanza sistemática de toda a familia umayyad. Marwan foxe cara Exipto, coa
intención de chegar a al-Andalus,
onde inda hai grandes continxentes militares leais. Tamén logra escapar Abd al-Rahman, neto de Hisham, que se oculta en Ifriqiya.
Kufa pasa a ser capital.
Os abasí non recoñecen os umayyad
como califas; só lles outorgan o rango de reis.
o emir de al-Andalus Yusuf nomea a Sumayl
gobernador de Caesaraugusta. No norte
declárase unha enorme peste e moitos bérberes emigran cara o sur, o que
ocasiona despoboamentos na Meseta.
Afonso I, secundado por Fruela,
un irmán, ataca as cidades do norte matando musulmáns e levando consigo
poboación cristiá. Isto agrava o despoboamento na zona.
Aistulfo ataca o exarcado de Ravenna.
Zacarías revive a situación de
emerxencia de tempos de Gregorio III
anos antes: a iconoclastia afástao de Constantino
V. Busca o auxilio franco.
Pipino acepta negociar con Zacarías.
os toltecas saquean Teotihuacan, reducida a ruínas.
agosto, 5: Marwan II é
capturado e asasinado en Fostat por partidarios de Adbullah ibn Muhammad as-Saffah. O seu corpo é mutilado polo
populacho.
sublevación copta en
Exipto en contra dos impostos.
fúndase o imperio de Ghana.
Eadberht de Northumbria encerra a Cynewulf, bispo de Lindisfarne, no castelo de Bamburgh. Asedia o príncipe Offa, fillo do rei Aldfrith, tamén en Lindisfarne, quen finalmente, case morto de fame, decide renderse, sendo inmediatamente executado.
batalla de Mugdock: os britanos de Strathclyde baixo Teudebur derrotan os pictos baixo o príncipe Talorgan. Este feito inicia o comezo do rei Oengus I.

Ningún comentario:
Publicar un comentario