wikipedia |
abril, 25:
batalla de Bagrevand, onde os abbasí
poñen fin á rebelión armenia, consolidando o control musulmán sobre
Transcaucasia, mentres as principais familias nakharar de Armenia, sobre todo os Mamikonian perden o seu poder e
buscan refuxio no Imperio bizantino.
agosto, 23: data
de redacción dun documento con sinatura de Silo;
é unha doazón a cinco frades para
que constrúan unha igrexa entre os ríos Iube
(Eo) e Masma; máis concretamente entre o Alesancia
(río Grande, en Ribadeo) e o Mera, no lugar Lucis
(Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros).
setembro, 14:
morre Constantino V durante unha
campaña contra os búlgaros. Sucédeo León
IV, logo de derrotar a Cristóforo
e Nicéforo, irmáns seus. Os tres
foran nomeados césares polo seu pai.
León IV suaviza
as medidas contra os iconódulos por
influencia de Irene, a emperatriz,
ateniense e iconódula en segredo.
Hadriano I recupera o control do exarcado de Ravenna.
Carlos convoca unha gran asemblea en Quierzy e dirixe un
exército franco ao interior de Saxonia e recupera o castrum de Syburg, restaura e instala un novo continxente en
Eresburg. Na beira do Weser atópase un continxente saxón disposto a plantar
batalla, que é derrotado cando os francos cruzan o río.
Widukindo cruza o Weser con outro continxente e loita en Hlidbeck.
Carlos non logra unha vitoria total. Debe reorganizar as súas tropas e atacar
novamente, esta vez con éxito, mais Widukindo escapa.
Carlos recupera o
Hellweg ao longo do val do Lippe, establecendo comunicacións entre Austrasia, Hesse e Turinxia. Promóvese o
comercio nel. Fúndase a cidade de Giessen na zona.
mercadores de al-Andalus fundan unha colonia comercial
en Tenes (Alxeria), evidencia do renacemento do comercio marítimo na zona
occidental do Mediterráneo despois do caos de anos anteriores.
outubro, 7: morre
al-Mansur, sucedido polo seu fillo al-Mahdi, que fai oficial a doutrina sunni. Os chiís, decisivos no ascenso ao poder dos abbasí, constitúense en oposición.
Baghdad é
probablemente a maior cidade do mundo, logo dos problemas acontecidos na
capital chinesa Chang'an e a súa consecuente
despoboación.
Dhafmapala comeza o seu mandato no reino de Bengala.
Alpin II sucede a Ciniod
como rei dos pictos.
Carlos é
informado por Hadriano I de que Arichis
de Benevento, o duque de Friuli, o duque Rexinaldo de Chiusi e Hildedrando
de Spoleto planean unha insurrección en Italia. Adalxis pretende regresar cunha flota bizantina que ten intención
de devolverlle o trono lombardo. Carlos fai campamento de inverno ao pé dos
Alpes coa intención de atravesalos cara a península tan cedo como lle sexa
posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario