gl.wikipedia.org codex skylitzes matritenses |
xullo, 25: segue o asedio a Constantinopla pero a flota musulmá é destruída ao sur de Anatolia
pola acción combinada dun temporal e un ataque imperial en Syllaeum, que usa o ‘lume grego’ desenvolvido por Calinico de
Heliopolis e causa pavor entre as tropas musulmás. Os exércitos de Constantino
IV Pogonatos van tomando a iniciativa e facendo retroceder aos musulmáns.
os búlgaros onogur
son perseguidos e dispersados polos jázaros, que establecen un imperio na
estepa, centrado no baixo Volga.
Warinus, nobre franco, é
lapidado ata a morte cerca de Arrás a causa do conflito entre seu irmán Leodegario,
bispo de Autun, e Ebroino,
mordomo de Neustria.
a dinastía Tang
declara ao deposto Bojang de Goguryeo, rei de Joseon, encargándolle a custodia da área de Liaodong baixo o ‘protectorado xeral para pacificar o leste’.
setembro, 15: logo dunha batalla con resultado incerto
entre Neustria e Austrasia, Theuderico III reúne en Malay-le-Roi unha asemblea polo interese da igrexa e para a
confirmación da paz, a demanda de Ouen de Rouen.
o pergameo substitúe o papiro como material de
escritura na chancelería real merovinxia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario