ruínas en Jarrow (pertencentes ao mosteiro do s. XI) www.docbrown.info |
xaneiro, 9 (ata o 25): Wamba está recluído
nun mosteiro (Pampliega, Burgos) e Ervixio
convoca o XII concilio de Toledo para lexitimar a súa situación; o novo rei
insiste en lexislar contra os xudeus (moitos conversos estaban volvendo á súa
antiga fe ante a debilidade da monarquía goda) e suprime leis que buscaban
limitar a violencia contra os escravos; suaviza as sancións contra os que non
cumpren coas súas obrigas militares e restitúe os bens dos nobres que apoiaran
a Paulus; formúlanse anatemas contra os adoradores de ídolos.
xaneiro, 10: Agathon morre dunha peste
declarada en Roma.
marzo, 28: no concilio de Constantinopla dítase unha
condena contra o Honorio I pola súa actitude equívoca ante o monotelismo.
setembro, 16: final das sesións do concilio
ecuménico. Roma e Constantinopla volven a estar unidas. O patriarca da capital alcanza
o cumio do seu poder en contraposición á debilidade dos bispos de Roma, controlados
polo exarca.
setembro: Constantino IV recoñece o estado
búlgaro independente en Moesia e paga
tributo para evitar ataques a Thracia,
onde se crea un thema como medida
defensiva.
Constantino IV ordena mutilar (o nariz) a Heraclio
e Tiberio, irmáns seus, debido ás súas supostas intrigas para que non
poidan reinar. Ordena que non volvan aparecer nas moedas e que os seus nomes
desaparezan da documentación oficial. Eleva a seu fillo Xustiniano II ao
rango de basileus.
estala unha revolta militar no thema de Anatolia e o
exército marcha cara Chrysopolis e
envía unha delegación a Constantinopla demandando que os dous irmáns sexan
restablecidos nas súas funcións. Constantino IV chega a un compromiso e
convence o exército a que volva ás súas bases. Convida os líderes á capital e
consulta co senado a situación. Sen embargo, cando os líderes chegan á capital
son arrestados e colgados en Sycae.
Aethelwalh de Sussex proporciona a Wilfrid
terras en Selxey para fundar unha
catedral, chamada ‘abadía de Selsey’.
Ecgfrith de Northumbria pide que os monxes
de Monkwearmouth funden un mosteiro
en Jarrow.
armenios, albaneses e iberos rebélanse contra o
califato.
Kutluk Khan restablece o khaganato turco.
Kusakabe, segundo fillo de Tenmu,
é feito príncipe herdeiro.
Eudes, duque de Aquitania.
Ningún comentario:
Publicar un comentario