edictum rothari www.lookandlearn.com |
Huien Tsang,
peregrino chinés, chega a India, onde o rei Harsha organiza no seu honor una gran asemblea na capital Kannauj, presidida por unha imaxe de
Buda á que acoden reis veciños, bramáns, xainistas e monxes budistas.
Pronúncianse discursos, fanse ofrendas a Buda e Harsa distribúe unha parte do tesouro
real.
Leuthario,
duque dos alamanos, ordena o asasinato de Otto,
protector de Sixeberto III e mordomo
de palacio, e allana o camiño para que Grimoaldo
o Vello sexa o novo mordomo en Austrasia.
Grimoaldo tamén recibe o apoio do bispo Cuniperto
e fai valer o carácter hereditario do cargo tal e como establecera Clotario II.
Constante II
recoñece a Theodoro Rshtuni como rei
de Armenia logo da súa vitoriosa
campaña contra os musulmáns; noméao nakharar
do exército armenio.
Mauricio,
comandante bizantino de Roma, proclámase dux
de Roma e rebélase contra o exarca Isaac,
declarándose independente de Constantinopla.
Cynegils de Wessex
morre e é sucedido polo seu fillo Cenwalh,
inda pagán, que casa coa irmá de Penda
de Mercia.
Peroz III,
fillo de Yazdegerd III, último
sasánida, refúxiase en territorio baixo control da dinastía Tang.
os
musulmáns avanzan en Africa cara o
leste; asedian Tripoli, que cae logo
dun mes.
‘Amr ibn al-‘As
envía un destacamento a Sabratha, que
axiña paga a jizya (imposto de
capitación) correspondente. Sen embargo, Umar
rexeita seguir avanzando e ordena a ‘Amr que regrese a Exipto. Os musulmáns xa controlan, sen embargo, a Tripolitana e a Cyrenaica.
Taizong
ordena construír en Chang’an cuartos
para aloxar os funcionarios que veñen render contas sobre os seus distritos.
Cada un poderá dispor dos seus propios cuartos.
Taizong
comisiona a Yan Liben para pintar no
pavillón Lingyan os retratos en
tamaño real de 24 funcionarios gobernamentais que conmemoren os seus servizos á
dinastía Tang.
Clodoveo II casa
con Balthilda, escrava anglo-saxona que cobra gran influencia.
Isfahan é
refundada polos musulmáns, que avanzan en Media
e Acerbaixán.
novembro,
22: Rothario promulga en Ticinum o edictum rothari, que codifica en latín as leis e usos
lombardos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario